Célebes: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: fy:Selebes |
lingua neerlandesa |
||
Liña 39: | Liña 39: | ||
|} |
|} |
||
'''Célebes''' tamén coñecida, en especial ultimamente, co nome indonesio de '''Sulawesi''' (pronunciado "sulavesi", pois utilizan a versión [[ |
'''Célebes''' tamén coñecida, en especial ultimamente, co nome indonesio de '''Sulawesi''' (pronunciado "sulavesi", pois utilizan a versión [[lingua neerlandesa|holandesa]] do "[[w]]"), é unha grande illa de [[Indonesia]], entre [[Molucas]] e [[Borneo]]. É unha das catro maiores illas de Indonesia. |
||
Os primeiros europeos en chegar á illa foron navegantes portugueses en [[1512]]. Desde o século XVII a illa foi parte das [[Indias Orientais Neerlandesas]], como era coñecido o que actualmente é Indonesia baixo o goberno colonial dos [[Países Baixos]]. |
Os primeiros europeos en chegar á illa foron navegantes portugueses en [[1512]]. Desde o século XVII a illa foi parte das [[Indias Orientais Neerlandesas]], como era coñecido o que actualmente é Indonesia baixo o goberno colonial dos [[Países Baixos]]. |
Revisión como estaba o 20 de febreiro de 2012 ás 02:13
Célebes | |
---|---|
Vista da illa | |
Datos | |
Capital | Makassar |
País | Indonesia |
Localización | Océano Pacífico |
Arquipélago | Illas da Sonda |
Linguas | |
Poboación (2005) | 16.000.000 hab. |
Superficie | 174.600 km² |
Densidade | |
Coordenadas | 2°8′S 120°17′O / -2.133, -120.283 |
Maior Altura | 3.478 m. Rantemario |
Localización | |
Célebes tamén coñecida, en especial ultimamente, co nome indonesio de Sulawesi (pronunciado "sulavesi", pois utilizan a versión holandesa do "w"), é unha grande illa de Indonesia, entre Molucas e Borneo. É unha das catro maiores illas de Indonesia.
Os primeiros europeos en chegar á illa foron navegantes portugueses en 1512. Desde o século XVII a illa foi parte das Indias Orientais Neerlandesas, como era coñecido o que actualmente é Indonesia baixo o goberno colonial dos Países Baixos.
Xeografía
É a decimoprimeira illa máis grande do mundo, cunha área de 174.600 km², a illa está rodeada ao oeste por Borneo, ao norte polas Filipinas, ao leste polas Molucas e ao sur por Flores e Timor. A illa ten unha forma moi particular e distintiva, dominada por catro grandes penínsulas. A parte central é sumamente montañosa, polo que tradicionalmente as penínsulas da illa están afastadas unha da outra, xa que son máis curtas as comunicacións por mar, que polos camiños da illa.
A illa esta dividida en seis provincias: Gorontalo, Sulawesi Occidental, Sulawesi Meridional, Sulawesi Central, Sulawesi Suroriental e Sulawesi Setentrional. A máis recente é Sulawesi Occidental, que foi creada en 2004 segregándola de Sulawesi Meridional. As cidades máis poboadas da illa son Makassar na costa sudoccidental e Manado na península do norte.
Flora e fauna
A illa de Célebes atópase xunto á Liña de Wallace, o que fai que maior parte das súas especies sexan pertencentes á rexión de Australasia. 2.290 km² da illa están incluídos no Parque Nacional de Lore Lindu.
Hai 127 especies de mamíferos coñecidas en Célebes, 72 delas, o 69%, son endémicas, o que signífica que non se atopan en ningunha outra parte do mundo. O maior mamífero nativo de Célebes é o anoa, unha especie de búfalo de pequeno tamaño.
En contraste, a maior parte das especies de aves se poden ser atopadas noutras illas, aínda que un 34% son tamén endémicas.
Demografía
Segundo o censo levado a cabo en 200, a poboación total da illa de Célebes é de 14.946.488 de habitantes, o que representa un 7,25% da poboación total de Indonesia.