Torino FC: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
JonnyJonny (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{enuso}} O '''Torino Football Club''', comunmente chamado '''Torino''' ou simplemente '''Toro''', é un club italiano de fútbol da cidade piemontesa ..."
 
m r2.6.5) (Bot: Engado: ar, be-x-old, bg, bs, ca, cs, da, de, diq, el, es, et, fa, fi, fr, ga, he, hr, hu, id, it, ja, ko, lt, lv, mr, nl, no, oc, pl, pms, pt, ro, ru, scn, simple, sr, sv, th, tr, uk, vec, vi, zh; modifico: en
Liña 11: Liña 11:


[[Categoría:Equipos de fútbol italianos]]
[[Categoría:Equipos de fútbol italianos]]

[[en:Torino Football Club]]
[[ar:نادي تورينو]]
[[be-x-old:Тарына Турын]]
[[bg:ФК Торино]]
[[bs:Torino F.C.]]
[[ca:Torino Football Club]]
[[cs:Torino FC]]
[[da:Torino F.C.]]
[[de:FC Turin]]
[[diq:Torino FC]]
[[el:Τορίνο Φ.Κ.]]
[[en:Torino F.C.]]
[[es:Torino Football Club]]
[[et:Torino FC]]
[[fa:باشگاه فوتبال تورینو]]
[[fi:Torino FC]]
[[fr:Torino Football Club]]
[[ga:Torino Football Club]]
[[he:טורינו (כדורגל)]]
[[hr:Torino FC]]
[[hu:Torino FC]]
[[id:Torino F.C.]]
[[it:Torino Football Club]]
[[ja:トリノFC]]
[[ko:토리노 FC]]
[[lt:Torino FC]]
[[lv:Torino F.C.]]
[[mr:तोरिनो एफ.सी.]]
[[nl:Torino FC]]
[[no:Torino FC]]
[[oc:Torino Football Club]]
[[pl:Torino FC]]
[[pms:Turin (fótbal)]]
[[pt:Torino Football Club]]
[[ro:Torino FC]]
[[ru:Торино (футбольный клуб)]]
[[scn:Torino Football Club 1906]]
[[simple:Torino F.C. 1906]]
[[sr:ФК Торино]]
[[sv:Torino FC]]
[[th:สโมสรฟุตบอลโตรีโน]]
[[tr:Torino FC]]
[[uk:Торіно (футбольний клуб)]]
[[vec:Torino Football Club]]
[[vi:Torino F.C.]]
[[zh:拖連奴足球會]]

Revisión como estaba o 4 de febreiro de 2012 ás 18:41

O Torino Football Club, comunmente chamado Torino ou simplemente Toro, é un club italiano de fútbol da cidade piemontesa de Turín. Fundado en 1906 como Foot-ball Club Torino, o club naceu como resultado da fusión de varios clubs mais antigos, algúns deles fundados en 1887, o cal convirte ó Torino no club de fútbol coa herdanza mais antiga de Italia.

O palmarés do club é un dos mais salientables do fútbol italiano, con 7 títulos de liga, 5 títulos de copa e 1 título da Copa Mitropa. A época de maior esplendor da entidade foron os anos 40, cando estaba considerado o mellor equipo do mundo. Daquela Il grande Torino converteuse no primeiro equipo italiano da historia que gañou 5 ligas seguidas, capitaneado e liderado por Valentino Mazzola, e con outros 9 integrandes da selección italiana. O 4 de maio de 1949, cando o equipo voltaba de Lisboa tras xogar un encontro amigable co SL Benfica, o avión que levaba a tódolos xogadores de volta, esnafrouse cun muro da Basílica de Superga, situada nun outeiro próximo á cidade de Turín, morrendo os 31 tripulantes no accidente, entre xogadores, directivos e xornalistas. A pesar de gañar aquela liga un mes despois, o Torino non loitou de novo por mais títulos ate a década dos 70, na que o club acadou un novo título de liga e varios subcampionatos. Nos últimos tempos o club pasou por unha crise de resultados que o levou á Serie B durante anos, e sobre todo por unha crise económica que levou a unha refundación do club en agosto de 2005. Actualmente o equipo disputa a Serie B co obxectivo do ascenso.

O Torino FC disputa os seus encontros como local no Stadio Olimpico, mais coñecido como Stadio Comunale, inaugurado en 1933 para acoller varios encontros do Mundial de Fútbol Italia 1934. O Torino FC e o Juventus FC compatiron este estadio durante décadas, ate a inauguración do Stadio delle Alpi en 1990, construido por mor do Mundial de Fútbol Italia 1990, e ó cal marcharon os dous clubs turineses. Trala reconstrucción do estadio en 2006 para acoller as ceremonias de apertura e peche dos Xogos Olímpicos de Inverno dese ano, ámbolos dous clubs voltaron ó seu antigo fogar. En 2011 o Juventus FC marchou ó seu novo estadio, e o Torino FC ficou como único residente do Comunale. Actualmente o recinto conta cunha capacidade para 27.994 seareiros.

Palmarés

Xogadores

Véxase tamén