Neurohipófise: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 2: | Liña 2: | ||
[[Ficheiro:Gray1181.png|thumb|right|Corte saxital medio dunha hipófise de mono.]] |
[[Ficheiro:Gray1181.png|thumb|right|Corte saxital medio dunha hipófise de mono.]] |
||
A '''neurohipófise''' ou '''pituitaria posterior''' comprende o lóbulo posterior da [[hipófise]] ou [[pituitaria]] do encéfalo e forma parte do [[sistema endócrino]]. Malia o seu nome, a neurohipófise non é unha verdadeira glándula ''per se''; senón máis ben está formada en grande parte por un conxunto de proxeccións [[axón]]icas procedentes do [[hipotálamo]] que terminan alí. Almacena e segrega hormonas, pero estas sintetizáronse no hipotálamo. |
A '''neurohipófise''' ou '''pituitaria posterior''' comprende o lóbulo posterior da [[hipófise]] ou [[pituitaria]] do encéfalo e forma parte do [[sistema endócrino]]. Malia o seu nome, a neurohipófise non é unha verdadeira glándula ''per se''; senón máis ben está formada en grande parte por un conxunto de proxeccións [[axón]]icas procedentes do [[hipotálamo]] que terminan alí. Almacena e segrega hormonas ([[oxitocina]], [[vasopresina]])<ref>A. C. Guyton. tratado de Fisiología Médica. 6ª edición (1985). Interamericana. ISBN 84-7605-029-1</ref>, pero estas sintetizáronse no hipotálamo. |
||
==Anatomía== |
==Anatomía== |
Revisión como estaba o 1 de febreiro de 2012 ás 21:16
A neurohipófise ou pituitaria posterior comprende o lóbulo posterior da hipófise ou pituitaria do encéfalo e forma parte do sistema endócrino. Malia o seu nome, a neurohipófise non é unha verdadeira glándula per se; senón máis ben está formada en grande parte por un conxunto de proxeccións axónicas procedentes do hipotálamo que terminan alí. Almacena e segrega hormonas (oxitocina, vasopresina)[1], pero estas sintetizáronse no hipotálamo.
Anatomía
A neurohipófise consta principalmente de proxeccións de neuronas (axóns) que proceden dos núcleos supraópticos e núcleos paraventriculares do hipotálamo. Estes axóns liberan hormonas peptídicas nos capilares hipofisarios. Ademais dos axóns, a neurohipófise tamén contén pituicitos, que son células gliais especializadas parecidas a astrocitos.
Embrioloxicamente a neurohipófise orixínase como un divertículo da base do diencéfalo [2], polo que ten unha orixe distinta da adenohipófise (derivada da bolsa de Rathke, un divertículo do estomodeo) [3].
A división anatómica da neurohipófise varía, pero a maioría das fontes divídena en tres rexións:
- Pars nervosa
- Tamén chamada lóbulo neural ou lóbulo posterior. Esta rexión constitúe a maioría do volume da neurohipófise e é o lugar onde se almacenan as hormonas oxitocina e vasopresina. Ás veces considérase (incorrectamente) sinónimo de neurohipófise. A pars nervosa inclúe os corpos de Herring e pituicitos. [4]
- Talo infundibular
- Tamén chamado infundíbulo ou talo da pituitaria. O talo infundibular une os sistemas hipotalámico e hipofisario.
- Eminencia media
- Só ás veces se inclúe como parte da neurohipófise. Outras fontes exclúena especificamente da hipófise. [5]
Unhas poucas fontes inclúen a pars intermedia da hipófise na neurohipófise, pero esta é unha opinión minoritaria. Os partidarios desta opción baséanse en que hai unha grosa separación anatómica entre a neurohipófise e a adenohipófise ao longo dos restos da bolsa de Rathke, que fai que a pars intermedia permaneza unida á neurohipófise.
Hormonas segregadas
As hormonas que se liberan na neurohipófise son sintetizadas polo hipotálamo, pero se almacenan e segregan na neurohipófise á circulación sanguínea.
Hormona | Outros nomes | Símbolo(s) | Diana | Efecto | Fonte |
---|---|---|---|---|---|
Oxitocina | Pitocina (nome comercial) | OT | Útero, glándula mamaria | Contraccións uterinas; lactación | Núcleos supraópticos e paraventriculares |
Vasopresina (hormona antidiurética) | Arxinina-vasopresina, arxipresina, hormona antidiurética | VP, AVP, ADH | Riles ou arteriolas | Estimula a retención de auga; eleva a presión sanguínea ao contraer as arteriolas, produce agresividade nos machos | Núcleos supraópticos e paraventriculares |
Enfermidades
Unha secreción insuficiente de vasopresina favorece a diabetes insípida, na cal o corpo perde a capacidade de concentrar a urina. Os individuos afectados excretan ata 20 litros de urina diluída diariamente. O exceso de secreción de vasopresina causa a síndrome de secreción inadecuada de hormona antidiurética (SIADH).
Galería de imaxes
-
A neurohipófise comprende o lóbulo posterior da glándula hipofisaria.
-
Núcleos hipotalámicos
Notas
- ↑ A. C. Guyton. tratado de Fisiología Médica. 6ª edición (1985). Interamericana. ISBN 84-7605-029-1
- ↑ G. J. Romanes. Cunninham. Tratado de Anatomía.Interamericana - Mc Grow Hill. 12ª edición (1987) ISBN 84-7605-359-2.
- ↑ Embryology at unc.edu
- ↑ BUHistology - 14004loa [1]
- ↑ MeshName - Median+eminence [2]