Vimara Pérez: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
lig int
Servando2 (conversa | contribucións)
elimino ligazón a homónimos
Liña 8: Liña 8:
Os reis de Oviedo dirixiran a reorganización do territorio no [[Comarca do Baixo Miño|Baixo Miño]] e no [[Bierzo]], pero segundo nos afastamos cara ao sur a influencia da Corte foise esvaendo e as iniciativas as asume unha nobreza galega ben arraigada e gobernante na Galicia nuclear. Amparándose nunha teórica autorización do rei [[Afonso III o Magno]], fíxose dono dun espazo onde a estrutura de poder islámico era feble e reorganizou o territorio baixo o seu dominio reconstruíndo a autoridade cristiá sobre a cidade de Porto tras reconquistala no ano [[868]].
Os reis de Oviedo dirixiran a reorganización do territorio no [[Comarca do Baixo Miño|Baixo Miño]] e no [[Bierzo]], pero segundo nos afastamos cara ao sur a influencia da Corte foise esvaendo e as iniciativas as asume unha nobreza galega ben arraigada e gobernante na Galicia nuclear. Amparándose nunha teórica autorización do rei [[Afonso III o Magno]], fíxose dono dun espazo onde a estrutura de poder islámico era feble e reorganizou o territorio baixo o seu dominio reconstruíndo a autoridade cristiá sobre a cidade de Porto tras reconquistala no ano [[868]].


Dirixiu, para estes efectos, o asentamento de colonos e o reparto de terras, restaurou as institucións da [[Igrexa católica|Igrexa]] e consolidou unha nova fronteira despexándoa do perigo árabe. Este labor permitiu o segundo gran salto a cargo doutro gran magnate galego [[Hermenexildo Guterrez]]. Estes nobres seguiron vinculados á Galicia orixinaria da que non se desarraigan. En efecto, fortaleceron os seu poder na [[terra de Amaía]], e amplas zonas lucenses. Os monarcas do [[Reino de Galicia]] e de [[Reino de León|León]] cada vez serán máis dependentes deles.
Dirixiu, para estes efectos, o asentamento de colonos e o reparto de terras, restaurou as institucións da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa]] e consolidou unha nova fronteira despexándoa do perigo árabe. Este labor permitiu o segundo gran salto a cargo doutro gran magnate galego [[Hermenexildo Guterrez]]. Estes nobres seguiron vinculados á Galicia orixinaria da que non se desarraigan. En efecto, fortaleceron os seu poder na [[terra de Amaía]], e amplas zonas lucenses. Os monarcas do [[Reino de Galicia]] e de [[Reino de León|León]] cada vez serán máis dependentes deles.


Unha maxestosa estatua érguese diante da actual [[catedral]] da cidade que fundou.
Unha maxestosa estatua érguese diante da actual [[catedral]] da cidade que fundou.

Revisión como estaba o 22 de xaneiro de 2012 ás 00:25

Estatua de Vimara Peres na cidade de Porto creada por Salvador Barata Feyo en 1968.

Vimara Pérez, Vimara Peres ou Guímara Peres, nado na Coruña cara ao 820 e finado en Guimarães no 873, foi un nobre galego, conde de Coruña e fundador do Condado de Portugal no século IX.

Traxectoria

Con importantes posesións no interior da Galicia actual, dirixe o gran salto repoboador ata a liña do río Douro. Fundou o xermolo dun estado feudal ao redor da cidade de Porto que reconquistou ou repoboou, segundo as distintas concepcións do avance cristián cara o sur. Atribúeselle tamén a fundación da cidade de Guimarães (de Vimaranis).

Os reis de Oviedo dirixiran a reorganización do territorio no Baixo Miño e no Bierzo, pero segundo nos afastamos cara ao sur a influencia da Corte foise esvaendo e as iniciativas as asume unha nobreza galega ben arraigada e gobernante na Galicia nuclear. Amparándose nunha teórica autorización do rei Afonso III o Magno, fíxose dono dun espazo onde a estrutura de poder islámico era feble e reorganizou o territorio baixo o seu dominio reconstruíndo a autoridade cristiá sobre a cidade de Porto tras reconquistala no ano 868.

Dirixiu, para estes efectos, o asentamento de colonos e o reparto de terras, restaurou as institucións da Igrexa e consolidou unha nova fronteira despexándoa do perigo árabe. Este labor permitiu o segundo gran salto a cargo doutro gran magnate galego Hermenexildo Guterrez. Estes nobres seguiron vinculados á Galicia orixinaria da que non se desarraigan. En efecto, fortaleceron os seu poder na terra de Amaía, e amplas zonas lucenses. Os monarcas do Reino de Galicia e de León cada vez serán máis dependentes deles.

Unha maxestosa estatua érguese diante da actual catedral da cidade que fundou.

Vimara Pérez
Nacemento: ca 820 Falecemento: 873


Aristocracia galega
Precedido por
Novo Título


Conde de Portucale
868 – 873
Sucedido  por
Lucidio Vimaranis