Ácido 3-fosfoglicérico: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |

Liña 15: | Liña 15: | ||
| [[Ficheiro:D-1,3-Bisphosphoglycerat2.svg|110px]] || ADP ATP
[[Ficheiro:GG-Pfeil 1-4.svg]]
[[Fosfoglicerato quinase|Fosfoglicerato
quinase]] || [[Ficheiro:D-3-Phosphoglycerat2.svg|90px]] |
| [[Ficheiro:D-1,3-Bisphosphoglycerat2.svg|110px]] || ADP ATP
[[Ficheiro:GG-Pfeil 1-4.svg]]
[[Fosfoglicerato quinase|Fosfoglicerato
quinase]] || [[Ficheiro:D-3-Phosphoglycerat2.svg|90px]] |

|-align="center" |
|-align="center" |

| [[1,3-bifosfoglicerato]]
+ [[ADP]] || [[Ficheiro:Biochem reaction arrow reversible NNNN horiz med.png|50px]] || |
| [[1,3-bifosfoglicerato]]
+ [[ADP]] || [[Ficheiro:Biochem reaction arrow reversible NNNN horiz med.png|50px]] || 3-Fosfoglicerato
+ [[ATP]]

|-align="center" |
|-align="center" |

| ||<math>\Delta G^0 = -18,5 \frac{kJ}{mol}</math> |
| ||<math>\Delta G^0 = -18,5 \frac{kJ}{mol}</math> |
Revisión como estaba o 28 de decembro de 2011 ás 23:59
O ácido 3-fosfoglicérico (3PG) ou ácido 3-fosfo-D-glicérico [2] é unha molécula moi importante no metabolismo, xa que intervén na glicólise e no ciclo de Calvin da fotosíntese. Trátase dun ácido carboxílico de tres carbonos, cun grupo OH no carbono 2 e un grupo fosfato esterificado no carbono 3 [3]. Pola posición do OH é unha forma D. Pode considerarse un derivado do ácido glicérico.
A forma desprotonada do ácido denomínase 3-fosfoglicerato, que é a forma na que está a pH celular e na que intervén no metabolismo.
Glicólise e gliconeoxénese
Na glicólise o 3-fosfoglicerato é un dos intermediarios da ruta. A molécula da glicólise de 3 carbonos 1,3-bifosfoglicerato orixina encimaticamente 3-fosfoglicerato en reacción catalizada pola fosfoglicerato quinase. Nesta reacción prodúcese formación de ATP a partir do ADP e dun dos fosfatos do 1,3-bifosfoglicerato, polo que se trata dunha fosforilación a nivel de substrato. Por tanto, é un dos puntos onde se produce ATP na glicólise [4].
Despois o 3-fosfoglicerato transfórmase en 2-fosfoglicerato pola acción da fosfoglicerato mutase.
ADP ATP Fosfoglicerato quinase |

1,3-bifosfoglicerato + ADP |
Ficheiro:Biochem reaction arrow reversible NNNN horiz med.png | 3-Fosfoglicerato + ATP |
O 3-fosfoglicerato intervén tamén na gliconeoxénese, ruta na que realiza as reaccións inversas ás que realiza na glicólise.
Ciclo de Calvin
No ciclo de Calvin da fase escura da fotosíntese o 3-fosfoglicerato é unha molécula chave. Cando se incorpora (fixa) unha molécula de CO2 á ribulosa 1,5-bifosfato esta xera unha molécula inestable de 6 carbonos, que axiña rompe orixinando dúas moléculas de 3-fosfoglicerato. Este 3-fosfoglicerato é a primeira molécula estable que incorpora carbono na fotosíntese C3, que se chama C3 porque o 3-fosfoglicerato ten 3 carbonos. Despois o 3-fosfoglicerato redúcese a gliceraldehido 3-fosfato, continuando as reaccións do ciclo de Calvin [4].
Cando na planta se produce fotorrespiración, despois da fixación do CO2 só se forma unha molécula de 3-fosfoglicerato (en vez de dúas), xunto con outra de fosfoglicolato. Esta última inicia as reaccións da fotorrespiración.
Síntese de aminoácidos
O 3-fosfoglicerato é tamén un precursor da serina. O 3-fosfoglicerato inicia a ruta de síntese, transformándose por deshidroxenación encimática en 3-fosfohidroxipiruvato, e este por transaminación co glutamato orixina fosfoserina, que dá lugar á serina libre ao hidrolizarse o seu fosfato. A partir da serina tamén se poden formar cisteína e glicina (polo ciclo da homocisteína). [4]