Reino Unido dos Países Baixos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
JAnDbot (conversa | contribucións)
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: eu:Herbehereetako Erresuma Batua
Liña 63: Liña 63:
[[en:United Kingdom of the Netherlands]]
[[en:United Kingdom of the Netherlands]]
[[es:Reino Unido de los Países Bajos]]
[[es:Reino Unido de los Países Bajos]]
[[eu:Herbehereetako Erresuma Batua]]
[[fi:Yhdistynyt Alankomaiden kuningaskunta]]
[[fi:Yhdistynyt Alankomaiden kuningaskunta]]
[[fr:Royaume des Pays-Bas (1815-1830)]]
[[fr:Royaume des Pays-Bas (1815-1830)]]

Revisión como estaba o 4 de decembro de 2011 ás 16:56

Modelo:País desaparecido O Reino Unido dos Países Baixos (en neerlandés Verenigd Koninkrijk der Nederlanden e en francés Royaume-Uni deas Pays-Bas) foi un reino formado polos actuais Países Baixos, Bélxica, Luxemburgo e parte de Alemaña, dende 1815 a 1830 e por un breve tempo en 1839.

Foi creado a partir de territorios conquistados polo Primeiro Imperio Francés tras a disolución deste durante o Congreso de Viena en 1815. Este estado, usualmente chamado Reino dos Países Baixos. Foi gobernado durante 25 anos, dende 1815 até 1840 polo primeiro rei Guillerme I polo cal a Casa de Orange-Nassau converteuse na posuidora do trono no novo país.

A intención cando se creou esta estado era formar unha organización territorial estable ao norte de Francia para contrarrestar as novas ambicións francesas na zona e disolveuse cando as provincias do sur uníronse á nacente Bélxica, aínda que as provincias do norte non recoñeceron a independencia belga senón até 1839, cando as provincias do norte formaron o Reino dos Países Baixos. O gran ducado de Luxemburgo sería controlado polos Orange até 1890 ano do falecemento de Guillerme III. As mulleres da familia non estaban habilitadas para ocupar o trono debido á Lei Sálica, separándose Luxemburgo nun novo estado controlado polos Weilburg, unha rama dos Nassau formada en 1783.

Estes territorios forman parte da Unión Europea desde que esta foi instituída.

Véxase tamén