Sorbona: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
JAnDbot (conversa | contribucións)
m r2.5.2) (Bot: Elimino: arz, et, eu, fi, he, hi, hy, ja, ka, mr, nl, sr, th, ug
m r2.7.1) (Bot: Engado: nl:Sorbonne (gebouw)
Liña 36: Liña 36:
[[ko:파리 대학교]]
[[ko:파리 대학교]]
[[lt:Sorbona]]
[[lt:Sorbona]]
[[nl:Sorbonne (gebouw)]]
[[no:Sorbonne]]
[[no:Sorbonne]]
[[pl:Sorbona]]
[[pl:Sorbona]]

Revisión como estaba o 21 de novembro de 2011 ás 14:18

A Sorbona, París

A Sorbona (en francés La Sorbonne) é un establecemento público de ensino superior, hoxe dividido en dúas universidades (Universidade de París III e de París IV). Atópase no centro de París, no quinto arrondissement (distrito), en fronte do liceo Louis Le Grand e do Collège de France, preto do monumento O Panteón (Le Pantheón), das universidades (París I, II, V, VI) e dos Xardíns do Luxemburgo (que pertencen ao Palacio do Luxemburgo, sé do Senado), no denominado Barrio Latino, onde se concentran as escolas superiores, os museos e os turistas.

Foi fundada en 1257 por Robert de Sorbón coa intención de facilitar o ensino da teoloxía aos alumnos pobres. Tres séculos máis tarde converteuse no lugar privilexiado para os debates da facultade de teoloxía e tivo un papel importante nas querelas relixiosas do país, contra os xesuítas no século XVI e contra os xanseístas no século XVII.


Nas súas aulas, reconstruídas na súa totalidade entre 1885 e 1901, ensínanse hoxe principalmente as humanidades, a historia, a xeografía, o dereito e as linguas.

Persoas relacionadas