Henrique IV de Inglaterra: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: af:Hendrik IV van Engeland |
m r2.7.1) (Bot: Engado: lt:Henrikas IV (Anglija) |
||
Liña 64: | Liña 64: | ||
[[ko:헨리 4세]] |
[[ko:헨리 4세]] |
||
[[la:Henricus IV (rex Angliae)]] |
[[la:Henricus IV (rex Angliae)]] |
||
[[lt:Henrikas IV (Anglija)]] |
|||
[[lv:Henrijs IV Lankasters]] |
[[lv:Henrijs IV Lankasters]] |
||
[[mk:Хенри IV]] |
[[mk:Хенри IV]] |
Revisión como estaba o 2 de novembro de 2011 ás 11:45
Henrique IV de Inglaterra, coñecido tamén como Henrique Bolingbroke, nado o 3 de abril de 1367 e falecido o 20 de marzo de 1413 foi rei de Inglaterra entre 1399 e 1413, o primeiro da dinastía de Lancaster. Henrique era fillo de Xoán de Gante, duque de Lancaster, e neto do rei Eduardo III de Inglaterra.
Traxectoria
Naceu no castelo de Bolingbroke no Lincolnshire e, segundo o costume da época, era coñecido tamén como Henrique Bolingbroke.
A pesar de apoiar o primo Ricardo II de Inglaterra no inicio do reinado deste, axiña os dous homes entraron en conflito. Henrique acabou mesmo expulsado do país e desherdado en 1398. No ano seguinte, o seu pai morre na Aquitania e Ricardo II confisca os seus bens para a coroa. Pero o monarca non era popular nin considerado competente e Henrique valeuse diso para iniciar unha guerra aberta o 30 de setembro de 1399. O golpe é exitoso e Henrique é coroado rei de Inglaterra o 13 de outubro, na Abadía de Westminster, iniciando a dinastía de Lancaster. Ricardo II foi deposto e asasinado por precaución no ano seguinte.
En 1380, Henrique casou con María de Bohun, de quen tivo varios fillos e fillas. Xa rei, Henrique desposou a princesa Xoana de Navarra, filla do rei Carlos II, con quen non tivo descendencia.
O reinado de Henrique foi marcado por varias insurrecións populares, nomeadamente no País de Gales e en Inglaterra. O fracaso destas rebelións debeuse en parte á habilidade militar do seu herdeiro, o futuro Henrique V.
O fin da vida de Henrique IV foi marcado por problemas graves de saúde debidos a unha enfermidade de pel, posiblemente psoriase ou un síntoma de sífilis. Henrique morreu en 1413 e atópase sepultado na catedral de Canterbury.
A súa vida atópase retrato en Henrique IV, unha peza en dúas partes de William Shakespeare.
Descendencia
- De Maria de Bohun:
- Eduardo (1382)
- Henrique V, rei de Inglaterra (1387-1422)
- Tomás, Duque de Clarence (1388-1421), morreu en batalla
- João, Duque de Bedford (1389-1435)
- Humphrey, Duque de Gloucester (1390-1447)
- Branca (1392-1409), casou con Luís III, Eleitor Palatino
- Filipa (1394-1430), casou co rei Érico I de Dinamarca, Suécia e Noruega
Predecesor: Ricardo II de Inglaterra |
Rei de Inglaterra e Señor de Irlanda 1399 - 1413 |
Sucesor: Henrique V de Inglaterra |