Illa de Alborán: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
ToloBot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-coor dm +Coordenadas)
Liña 24: Liña 24:
| [[Superficie]] || 0'0712 km²
| [[Superficie]] || 0'0712 km²
|-
|-
| Coordenadas || {{coor dm|35|55|00|N|3|02|00|E|}}
| Coordenadas || {{Coordenadas|35|55|00|N|3|02|00|E|}}
|-
|-
| Maior Altura || 15
| Maior Altura || 15

Revisión como estaba o 19 de outubro de 2011 ás 23:03

Coordenadas: 35°54′00″N 3°2′00″O / 35.90000, -3.03333

Alborán
Bandeira de Almería
Localización
Datos
Provincia Almería
País España
Poboación (2007) 21 hab. (destacamento militar)
Superficie 0'0712 km²
Coordenadas 35°55′00″N 3°02′00″L / 35.91667, -3.03333
Maior Altura 15

A Illa de Alborán é un illote español, do mar de Alborán de orixe volcánica, situada entre o litoral andaluz e o norte de África, a uns 92,6 quilómetros do litoral de Almería, provincia á que pertence. A 100 metros dirección nor-leste sitúase o Illote da Nube e outro pequeno roquedal. No centro da illa hai unha canle subterránea que a traspasa dun lado a outro e é navegable con bo tempo denominado Cova das Morenas.

Ficheiro:Alboran.jpg
Illa de Alborán

O nome de Alborán procede do corsario tunesino Al-Borany, quen utilizou este illote como lugar de refuxio e fondeadeiro para o asalto de navíos mercantes en augas do Estreito de Xibraltar, e como plataforma de lanzamento de ataques contra as costas almerienses. Nas súas proximidades, o 1 de outubro de 1540 produciuse a Batalla da Illa de Alborán, unha das primeiras accións da Armada Española. Administrativamente, na actualidade a Illa de Alborán pertence ao concello de Almería e concretamente ao distrito almeriense do barrio de Pescadería.

Debido ao seu gran valor estratéxico, a mediados dos anos 1960 producíronse varios intentos de supostos barcos de pesca soviéticos de establecer un asentamento estable en Alborán, o que motivou ao exército español a establecer na illa un destacamento permanente de Infantería de Mariña para o control e protección da mesma. Entre as escasas construcións existentes, hai que sinalar o faro (actualmente automatizado). Aínda que resulte sorprendente a illa conta tamén cun campo de fútbol e un cemiterio. Situada nunha importante zona sísmica na que choca a placa africana coa europea, en Alborán sitúanse os epicentros dun bo número de sismos de baixa intensidade. En 1899 descubriuse nela un novo mineral que recibe o nome de Alboranita.

A illa e o seu entorno foi declarada Reserva Mariña e Reserva de Pesca en 1997 e no 2003, o Parlamento andaluz aprobou por unanimidad a Lei de Declaración do Paraxe natural de Alborán, o illote da Nube e as augas e fondos mariños que a rodean.

Ver