Casimiro Torres Rodríguez: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
datas e arranxos
Liña 22: Liña 22:


{{DEFAULTSORT:Torres Rodriguez, Casimiro}}
{{DEFAULTSORT:Torres Rodriguez, Casimiro}}
[[Categoría:Personalidades da historiografía]]
[[Categoría:Personalidades da historiografía de Galicia]]
[[Categoría:Membros da Real Academia Galega]]
[[Categoría:Membros da Real Academia Galega]]
[[Categoría:Sacerdotes]]

Revisión como estaba o 6 de setembro de 2011 ás 12:37

Casimiro Torres Rodríguez, nado en Santa Cruz de los Cuérragos (Zamora), o 10 de agosto de 1900 e finado en Santiago de Compostela o 3 de maio de 1989, foi un estudoso da Historia antiga e da Alta Idade Media de Galicia.

Traxectoria

Licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na Universidade de Madrid en 1944 coa tese Magno Clemente Máximo, dirixida por Santiago Montero Díaz. Foi profesor de Historia Antiga e Media Universal na Universidade Compostelá, membro do Corpo facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos e director da Biblioteca universitaria de Santiago. Foi tamén membro numerario da Real Academia Galega onde ingresou o 4 de marzo de 1979 co discurso O malfadado D. García: Rei de Galicia. Licenciado en Dereito Canónico, na súa vida privada foi sacerdote da Igrexa católica.

As súas investigacións centráronse en por de relevancia a personalidade de Galicia no Imperio Romano e a entidade histórica sobranceira do Reino Suevo.

Obras

  • La Galicia Sueva (A Coruña, 1982)
  • La Galicia Romana (A Coruña, 1982)
  • Egeria, Monxa Galega (Buenos Aires, 1976)
  • Los siete libros de la historia de Paulo Orosio (CEG IX, 1949)
  • Los límites de Galicia en los siglos IV e V (CEG, 1949)
  • Prisciliano, doctor itinerante (CEG XXVII, 1953)
  • La conquista romana de Galicia (B.U.S, 1954)
  • El culto al Emperador en Galicia (C.E.G. XXII, 1952)
  • Situación jurídica de los suevos en Galicia antes de la caída del Imperio Romano de Occidente (CEG, 1956)
  • El Cronicón de Hidacio (Compostellanum, 1956)
  • Arca Marmórea (Compostellanum, 1957)
  • Peregrinos de Oriente a Galicia en el siglo V (CEG XXXVII, 1957)
  • El maestro Pedro Compostelano, un compostelano olvidado (CEG XXIX, 1975)