Serra da Estrela: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
LucienBOT (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: ast:Serra da Estrela
Liña 24: Liña 24:
[[Categoría:Portugal|Serra da Estrela]]
[[Categoría:Portugal|Serra da Estrela]]


[[ast:Serra da Estrela]]
[[cs:Serra da Estrela]]
[[cs:Serra da Estrela]]
[[da:Serra da Estrela]]
[[da:Serra da Estrela]]

Revisión como estaba o 23 de agosto de 2011 ás 07:58

Vista da Serra da Estrela

A Serra da Estrela é o maior cordal montañoso de Portugal e inclúe a cota máis elevada do país en territorio continental, con 1.993 m sobre o nivel do mar no cume da Torre, que son superados só na Montaña do Pico, no arquipélago dos Azores, con 2.351 m sobre o nivel do mar.

A Torre

O rei Xoán V de Portugal mandou construír, entre 1716 e 1726, na mesma cima da cadea montañosa, unha torre, de xeito que a súa punta atinxise a altitude dos 2000 m. Hoxe en día ao cumio chámaselle "A Torre".

A serra

O complexo montañoso desenvólvese sobre unha extensión duns 100 km, cun largo máximo duns 30 km. Está formado por unha vasta cadea de granito que en tempos medievais delimitou a fronteira meridional do país. A paisaxe natural comprende gargantas entalladas pola auga, freitas, torrentes e pequenas lagoas de montaña.

Tres ríos importante nacen na Serra da Estrela: o Mondego, o maior dos ríos con curso completo en territorio portugués; o Zézere, que é un afluente do Texo; e un tributario do Mondego, o Alva.

Parque Nacional

O grupo montañoso forma a parte pricipal do Parque nacional da Serra da Estrela, que cobre unha área de 1.010 km², da cal cerca da metade está por encima dos 700 m sobre o nivel do mar.

Esquí

A serra acolle a única zona salientábel para practicar o esquí alpino en Portugal, nas proximidades da estación invernal de Loriga.

Véxase tamén