Ilmenita: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Eliminouse a referencia ó ficheiro "Ilmenit,_Włochy,_Novara.jpg" que foi borrado en Commons por Masur. Motivo: No permission since 07 July 2011
m r2.7.1) (Bot: Engado: ta:இல்மனைட்
Liña 65: Liña 65:
[[sk:Ilmenit]]
[[sk:Ilmenit]]
[[sv:Ilmenit]]
[[sv:Ilmenit]]
[[ta:இல்மனைட்]]
[[uk:Ільменіт]]
[[uk:Ільменіт]]
[[vi:Ilmenit]]
[[vi:Ilmenit]]

Revisión como estaba o 2 de agosto de 2011 ás 14:05

Ilmenita
Fórmula químicaFeTiO3
ClaseÓxido
Sistema cristalinoHexagonal
CorNegra
BrilloDe metálico a submetálico
Dureza5,5 - 6 (escala de Mohs)
RaiaNegra arroibada
Densidade4,7 g/cm³.


A ilmenita (FeTiO3) é un mineral feblemente magnético, de color negra ou gris, que se encontra nas rochas metamórficas e nas rochas básicas eruptivas (gabro, diabasa, piroxenita). O nome provén das montañas "Ilmen" en Rusia, un dos principais depósitos. A maioría da ilmenita atópase recuberta de capas, como por exemplo, de area de praia. Contén o 47,34% de FeO e o 52,66% de TiO2, aínda que esta proporción é variable pola entrada do óxido férrico, reemprazable por magnesio e manganeso.

Preséntase en forma de cristais normalmente tabulares delgados e romboédricos. Nas areas das praias acostuman estar partículas moi miúdas deste mineral, con diámetros de entre 0,1 e 0,2 mm.

Ilmenita lunar

Achouse ilmenita nas rochas da Lúa e no 2005,[1] a NASA utilizou o Telescopio Espacial Hubble para localizar lugares potencialmente ricos en ilmenita. Este mineral podería ser fundamental á hora de crear unha base lunar; xa que proporcionaría unha fonte de ferro e titanio para os elementos estruturais, ademais de poder obterse osíxeno con el.

Depósitos na España

Nas areas do Sil e en xeral en todos os areais do noroeste da Galiza, especialmente en Ortigueira, Ría de Cedeira ou Cabo Prior. En Asturias. En Horcajuelo, en Somosierra (Madrid) e na Serra de Guadarrama, na provincia de Ávila e na provincia de Segovia. En Tibidabo, Valvidrera, Molins de Rey, Montseny, Sant Climent de Llobregat, Santa Creu de Olorde (Barcelona) e Val de Arán (provincia de Lleida). Na Serra de Gata e en Logrosan (Cáceres). En Andalucía pode encontrarse en Játar, Gobantes e Archidona, provincia de Sevilla, en Serra Nevada, nalgunhas praias da provincia de Cádiz, da provincia de Huelva e do Cabo de Gata.

Usos

A maioría da ilmenita emprégase en aliaxes especiais para a industria aeroespacial e para pigmentos. O produto aquí é o dióxido de titanio, que é unha sustancia extremadamente branca usada como base para diferentes tipos de pinturas.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas