Nicodemus Tessin o Vello: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m bot Modificado: fr:Nicodème Tessin l'Ancien |
m Recat. |
||
Liña 12: | Liña 12: | ||
* Palacete Wrangel, en Estocolmo. |
* Palacete Wrangel, en Estocolmo. |
||
[[Categoría:Barroco]] |
[[Categoría:Arquitectos do Barroco ]] |
||
[[da:Nicodemus Tessin den ældre]] |
[[da:Nicodemus Tessin den ældre]] |
Revisión como estaba o 29 de marzo de 2011 ás 23:23
Nicodemus Tessin o Vello (1615-1681), importante arquitecto barroco sueco.
Naceu en Stralsund en Suecia en 1615. Foi discípulo do francés Simon de La Vallée, que era arquitecto de corte en Suecia. Logo dunha viaxe a través de Europa nos anos 1651-1652, voltou a Suecia. No 1661 foi nomeado arquitecto da cidade de Estocolmo. A súa principal obra é o Castelo de Drottningholm realizado nun estilo barroco personalizado, derivado das escolas holandesa, francesa e italiana. Realizou ademais numerosas pequenas edificacións na capital sueca. O seu fillo Nicodemus o Novo suceuno como principal arquitecto sueco. Faleceu en Estocolmo en 1681.
Obras principais
- Catedral de Kalmar (1660), con planta de cruz grega con torretas angulares.
- Castelo de Drottningholm, iniciado en 1662, hoxe Patrimonio da humanidade.
- Casa do concello de Göteborg (1670)
- Mausoleo de Carlos anexo á igrexa de Riddarholm en Estocolmo (proxecto de 1671), con unha espléndida columnata esterna.
- Castelo Skokloster, en Slottskogen.
- Palacete Wrangel, en Estocolmo.