Diego Sarmiento de Acuña: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 20: Liña 20:
Del consérvanse máis de 15.000 cartas, que nos permiten coñecer os recunchos da diplomacia e as relacións políticas e sociais da época. Tamén se conservan unha cartas dirixidas ao conde de Gondomar, por un parente seu, escritas en lingua galega, xa que sabía que o conde tiña en estima tal lingua.

==Galería de imaxe==
==Galería de imaxes==
<gallery>
<gallery>
File:Conde de gondomar.jpg|No [[Parador de Baiona]].
File:Conde de gondomar.jpg|No [[Parador de Baiona]].

Revisión como estaba o 5 de marzo de 2011 ás 09:32

Diego Sarmiento de Acuña.
Estatua en Gondomar, coa lenda:
"Don Diego
Sarmiento
de Acuña
1er Conde de
Gondomar
Diplomático
Defensor
das letras
e Amante
de Galicia."

Diego Sarmiento de Acuña, nado en Gondomar en 1567 e finado en Haro en 1626, foi un nobre galego.

Traxectoria

Era fillo de García de Sarmiento. Foi gobernador da fortaleza de Baiona en 1595, correxedor de Toro e Valladolid e notario Maior de Toledo.

Trato coa coroa española

Entre 1613 e 1618, e entre 1620 e 1622, foi embaixador de Filipe III (e trala súa morte, do seu fillo Filipe IV) en Inglaterra. Neste labor gañouse a amizade do rei Xacobe I, propiciando para a Coroa española importantes acordos e estables equilibrios internacionais.

En 1616 defendeu o Val Miñor dos ataques do corsario Francis Drake, polo cal foi nomeado Conde de Gondomar polo rei Filipe III o 12 de xuño de 1617, co respaldo do Consello de Estado.

Posicionamentos verbo do Reino de Galicia

Foi membro deste consello dende 1623. Foi nomeado Gobernador-Capitán xeneral do Reino de Galicia en 1625.

Defendeu para o Reino de Galicia o voto nas Cortes de Castela. Esta reclamación conseguiuse en 1622 grazas ao seu labor persuasivo ante Filipe IV. Deseñou políticas de defensa militar fronte aos ataques que sofría o litoral galego. Os proxectos tiñan unha dobre vertente: fortificación de determinados puntos e construción dunha escuadra pola Xunta do Reino de Galicia. Os cen mil ducados que se dedicaron a pagar a devolución do voto en Cortes investíronse nesta frota. Deixou especial pegada en Baiona.

Galego de dimensión internacional, sempre arelou manter os seus vencellos con Galicia; nunha carta de 1622 escribe: no ay jardines ni florestas en Inglaterra, como los robles y castaños de Gondomar.

Del consérvanse máis de 15.000 cartas, que nos permiten coñecer os recunchos da diplomacia e as relacións políticas e sociais da época. Tamén se conservan unha cartas dirixidas ao conde de Gondomar, por un parente seu, escritas en lingua galega, xa que sabía que o conde tiña en estima tal lingua.

Galería de imaxes

Notas

  1. No libro "Retratos de Españoles ilustres, con un epítome de sus vidas, en la Imprenta Real de Madrid, siendo su regente D. Lázaro Gayguer, 1791."

Véxase tamen

Outros artigos

Ligazóns externas