Diferenzas entre revisións de «Franz Stock»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
(Nova páxina: "'''Franz Stock''' nado o 21 de setembro en Neheim-Hüsten, Renania do Norte-Westfalia e finado o 24 de febreiro de 1948 en París, foi un sacerdote católico ...")
 
Tras a ocupación alemana de [[Francia]] volve a París. Preocupado pola represión nazi, comeza a visitar as prisións de Fresnes, La Santé e Cherche Midi. Recibe a encomenda de atender aos condanados a morte polo que é dos poucos non integrados no aparello militar ou nazi que se move con certa liberdade polas prisións onde se ateigaban os represaliados pola ocupación. Comeza así un labor clandestino de asistencia aos prisioneiros e de posta en contacto coas súas familias e amigos arriscando a súa propia vida; filtra información, mesmo memorizando as mensaxes, que impiden novas represións e evita máis detencións e torturas. Prepara os testimuños nos xuízos que consiguen atenuar as penas.
 
Cando as forzas estadounidenses liberan París en [[1944]], é detido no hospital de la Pieté e fano prisioneiro de guerra. Deste xeito, comeza un labor de atención aos prisioneiros alemáns. Chega a organizar un seminario no campo de prisioneiros preto de [[OrleansOrleáns]].
 
En [[1947]] é nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Friburgo.
 
Na celebración do cincuenta aniversario da súa morte participaron o Presidente do Senado francés René Morony e o canciller da [[República Federal Alemana]] [[Helmut Kohl]].
 
Está en marcha o proceso de beatificación.
Usuario anónimo

Menú de navegación