Movemento social: Diferenzas entre revisións
m bot Modificado: ru:Общественное движение (социология) |
m bot Engadido: tr:Sosyal hareket |
||
Liña 38: | Liña 38: | ||
[[sr:Друштвени покрети]] |
[[sr:Друштвени покрети]] |
||
[[sv:Folkrörelse]] |
[[sv:Folkrörelse]] |
||
[[tr:Sosyal hareket]] |
|||
[[uk:Рух соціальний]] |
[[uk:Рух соціальний]] |
||
[[zh:社會運動]] |
[[zh:社會運動]] |
Revisión como estaba o 14 de marzo de 2010 ás 08:25
Un Movemento social é a agrupación informal de individuos ou organizacións dedicadas a cuestións político-sociais que ten como finalidade o cambio social. Os movementos sociais como estruturas de cambio social teñen a súa orixe nas crises das organizacións de esquerda socialdemócrata e do socialismo real, principalmente partidos políticos e sindicatos. Xorden como modos de organización de colectivos, fundamentalmente marxinais, que loitan dentro dun campo político máis ou menos concreto. Algúns exemplos destes movementos son o movemento feminista, o movemento ecoloxista, o movemento obreiro, o movemento pacifista ou antimilitarista, ou, máis recente no seu nacemento, o movemento okupa e o movemento antiglobalización.
A maior parte dos autores coinciden en sinalar que o termo apareceu en Alemaña na década de 1970 coa formación dos grupos de acción cívica (Bürgerinitiativen). Os movementos sociais rara vez conflúen nun partido político; a súa labor baséase en presionar ó poder político mediante reivindicacións concretas ou en crear alternativas. Estas alternativas ou reivindicacións convértense na súa principal identidade, sen ter que chegar a plasmar un ideario completo.
Son o equivalente a acción afirmativa ou grupo de presión. Teñen un carácter de permanencia no tempo e cun número de persoas representativo, con relación ós que sofren ou ignoran o problema. O seu recordo histórico é moi antigo, por exemplo, os Comuneiros de Castela. Son algunhas veces o nacemento dunha idea con líderes carismáticos memorables, e a súa xénese pode derivar hacia un movemento ou iniciar unha revolta ou, máis contundentemente, unha revolución, como a Revolución Mexicana, e así mesmo eventual plataforma para un partido hacia o poder, opción que parece un rodeo innecesario.
É unha forma instantánea e continuada de inserirse no ámbito político, con inicialmente pouco esforzo organizativo, sen pertencer a el, pero si con forza de cambio político, como a restauración da democracia perdida en rexímenes autoritarios. A súa análise inclúe o seu obxectivo e o tipo de clientela, sendo interesante o desenvolvemento do seu proceso organizativo. O impacto na sociedade é desde meramente presencial, como unha forza de choque perturbadora, ou ata mesmo resultar moi definitorio, como grupos fortes de interese e presión contra o poder instituído. Deben coidar o seu progreso organizativo para ser eficaces e continuar perseverando e merecerse a honra de coartífices de eventos democráticos nas institucións ou outros máis modestos, como a información dos cidadáns.
Ligazóns externas
- Recompilación de textos sobre o movemento social autónomo (en castelán)
- Recompilación de textos sobre os movementos sociais en América (en castelán)
- Recompilación de textos sobre os movementos sociais en Europa (en castelán)
- Recompilación de textos sobre o movemento global (en castelán)