Sionismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Robbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ceb:Syonismo
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: ko:시오니즘
Liña 37: Liña 37:
[[jv:Zionisme]]
[[jv:Zionisme]]
[[ka:სიონიზმი]]
[[ka:სიონიზმი]]
[[ko:시온주의]]
[[ko:시오니즘]]
[[ku:Siyonîzm]]
[[ku:Siyonîzm]]
[[lad:Zionismo]]
[[lad:Zionismo]]

Revisión como estaba o 18 de febreiro de 2010 ás 05:04

O sionismo é un movemento que defende a volta dos xudeus a Palestina (chamada polos xudeus Eretz Israel ou simplemente Haaretz, A Terra). Cando o xornalista vienés Theodor Herzl asistiu en París á degradación do oficial Dreyfus, inxustamente acusado de espionaxe por ser xudeu, decatouse de que o seu pobo nunca se integraría en Europa, o que o levou a fundar en Basilea en 1897 a Organización Sionista Mundial (de Sión, monte de Xerusalén), que recadaba fondos para comprar terreos e favorecer a inmigración a Palestina. A afluencia de inmigrantes foi ben vista inicialmente polos árabes, pero a medida que a poboación xudea aumentaba e se facía probable a consecución dun estado propio para estes, a opinión da poboación árabe foi cambiando. O desenvolvemento económico propiciou tamén unha migración árabe doutros estados cara a Palestina, mesturándose coa poboación árabe autótoctona.

Tras as presións xudeas, o goberno inglés emitiu a Declaración Balfour, na que este se comprometía á creación dun fogar xudeu. O holocausto xudeu durante a Segunda Guerra Mundial foi un dos factores decisivos que levou á decisión da ONU da partición de Palestina nun estado xudeu e outro árabe. A poboación local e os gobernos árabes non aceptaron esa decisión e declaráronlle a guerra en 1948 ó creado Estado de Israel comenzando a Primeira Guerra Árabe-Israelí, dentro do conflito que ainda non se resolveu.

Modelo:Link FA