Henri Poincaré: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: yo:Henri Poincaré
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: vi:Henri Poincaré
Liña 54: Liña 54:
[[tr:Henri Poincaré]]
[[tr:Henri Poincaré]]
[[uk:Анрі Пуанкаре]]
[[uk:Анрі Пуанкаре]]
[[vi:Henri Poincaré]]
[[yo:Henri Poincaré]]
[[yo:Henri Poincaré]]
[[zh:儒勒·昂利·庞加莱]]
[[zh:儒勒·昂利·庞加莱]]

Revisión como estaba o 4 de febreiro de 2010 ás 09:16

Henri Poincaré

Jules Henri Poincaré (* Nancy, Francia, 29 de abril de 1854 – † París, 17 de xullo de 1912), xeralmente coñecido como Henri Poincaré, foi un prestixioso matemático, científico teórico e filósofo da ciencia. Poincaré é descrito a miudo como o derradeiro «universalista» (logo de Gauss) capaz de entender e contribuir en todos os eidos da disciplina matemática. En 1894 descubrió o grupo fundamental dun espazo topolóxico.

No campo da mecánica elaborou diversos traballos sobre as teorías da luz e las ondas electromagnéticas, e desenvolveu, xunto Albert Einstein e H. Lorentz, a Teoría da Relatividade restrinxida (tamén coñecida como Relatividade especial). A conxetura de Poincaré é un dos problemas recentemente resoltos máis desafiantes a topoloxía alxebraica, sendo o primeiro en considerares a posibilidade do caos nun sistema determinista, no seu traballo sobre órbitas planetarias. Este traballo tivo pouco interese ata que comezou o estudo moderno da dinámica caótica en 1963.

En 1889 foi premiado polos seus traballos sobre o problema dos tres corpos. Algúns dos seus traballos máis importantes inclúen os tres volumes de Os novos métodos da mecánica celeste (Les méthodes nouvelles de la mécanique céleste), publicados entre 1892 e 1899, e Lecciones de mecánica celeste (Léçons de mécanique céleste, 1905). Tamén escribiu numerosas obras de epistemoloxía, propedéutica, metodoloxía e divulgación científica que acandaron unha grande popularidade, como Ciencia e hipótese (1901), Ciencia e método (1908) y O valor da ciencia (1904).