Esoterismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: uk:Езотерика
Liña 45: Liña 45:
[[sv:Esoterism]]
[[sv:Esoterism]]
[[tr:Ezoterizm]]
[[tr:Ezoterizm]]
[[uk:Езотерика]]
[[vec:Exoterismo]]
[[vec:Exoterismo]]

Revisión como estaba o 13 de xaneiro de 2010 ás 21:49

Esoterismo (do grego έσώτερος [API /e'so:teros/]: «dentro, desde dentro, interior, íntimo»; unido ao sufixo «–ismo») é un termo xenérico usado para referirse ao conxunto de coñecementos, ensinanzas, tradicións, doutrinas, técnicas, prácticas ou ritos dunha corrente relixiosa ou filosófica, que son segredos, incomprensibles ou de difícil acceso e que se transmiten unicamente a unha minoría selecta denominada iniciados, polo que non son coñecidos polos profanos.

Por extensión, o esoterismo refírese a toda doutrina que require un certo grao de iniciación para estudala no seu total profundidade. En contraste, o coñecemento exotérico é facilmente accesible para o público común e é transmitido libremente.