Anacleto, papa: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: vi:Anacletus |
m bot Engadido: war:Papa Anacleto |
||
Liña 66: | Liña 66: | ||
[[uk:Анакліт]] |
[[uk:Анакліт]] |
||
[[vi:Anacletus]] |
[[vi:Anacletus]] |
||
[[war:Papa Anacleto]] |
|||
[[zh:教宗克雷]] |
[[zh:教宗克雷]] |
Revisión como estaba o 2 de xaneiro de 2010 ás 15:17
Anacleto ou Cleto, coñecido logo como Santo Anacleto, falecido en Roma en 91, foi o terceiro papa (despois de Pedro e Lino). Exerceu de bispo de Roma entre os anos 79 e 91[1], se ben o Anuario Pontificio de 2003 moveu esas datas ao 80 e 92, respectivamente.
Moi pouco se sabe da súa vida. O Liber pontificalis di que era romano, pero sen máis probas, se ben outras fontes apuntan á súa orixe ateniense. Crese que el instaurou o réxime sacerdotal e os bispados, e que dividiu a cidade de Roma por primeira vez en 25 parroquias. Probablemente foi martirizado nos tempos do emperador Domiciano, e soterrado[2] cabo de Lino, o seu predecesor.
Santidade
Como todos os papas anteriores ao Edicto de Milán, foi considerado santo polo cristianismo. A súa festa celébrase en dous días distintos: como San Cleto o 26 de abril e como Santo Anacleto o 13 de xullo, aínda que fosen a mesma persoa, seguindo o Liber Pontificalis; porén Ireneo de Lión e Eusebio consideran que se facía referencia á mesma persoa.
Parroquias galegas
Non hai ningunha parroquia en Galicia con advocación a San Anacleto.
Predecesor: Lino |
3º papa 79-91 |
Sucesor: Clemente I |
Referencias
- ↑ Donald Attwater. A Dictionary of Popes. The Catholic Book Club. Londres, 1939
- ↑ Find a Grave