John Maynard Keynes: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: substituír 'a partires de' por 'a partir de'
Liña 34: Liña 34:


{{Link FA|be-x-old}}
{{Link FA|be-x-old}}
{{Link FA|fr}}


[[an:John Maynard Keynes]]
[[an:John Maynard Keynes]]

Revisión como estaba o 25 de novembro de 2009 ás 06:13

John Maynard Keynes (1883-1946) foi un economista inglés, que se constituíu como unha das figuras esenciais no pensamento e na política económica do século XX, especialmente a partir da Gran Depresion dos anos trinta. Propugnaba o intervencionismo do estado na economía mediante medidas fiscais e monetarias que mitigaran o efecto tanto das etapas de recesión coma das etapas de crecemento descontrolado (booms). Para moitos Keynes é o fundador da macroeconomía moderna.

John Maynard Keynes

Vida

Nado en Cambridge nunha familia acomodada, recibiu unha privilexiada educación na Universidade de Cambridge, na que entrou para estudar matemáticas, pero as súas inquedanzas acabarían dirixíndoo cara á titulación de Económicas. Tras unhas oposicións nas que remataría segundo, obtivo un posto na Oficina da India, e posteriormente obtería unha cátedra en Económicas en Cambridge que foi creada por Alfred Marshall. Dende ela comezaría a construír a súa reputación como economista.

Antes da Primeira Guerra Mundial comezou a colaborar co Tesouro Británico, e tralo remate sería o seu representante na Conferencia de Versalles de 1919, na cal se aprobarían cuantiosas indemnizacións que tería que pagar o bando perdedor, especialmente Alemaña. Keynes oporíase frontalmente a estas indemnizacións nas súas obras "As Consecuencias Económicas da Paz" e "Unha Revisión do Tratado". Son obras que teñen un gran valor, xa que as súas previsións sobre a espiral inflacionista e o incremento dos problemas sociais en Alemaña cumpríronse ó pe da letra, levando a este país a unha crise que desembocaria na chegada ó poder de Adolf Hitler en 1933.

Nos anos 20 publicou obras como o "Tratado sobre a Probabilidade" ou o "Tratado sobre o Diñeiro", pero sería xa nos anos trinta (1936), en plena Gran Depresión, cando desafíe o paradigma económico existente ata entón coa publicación da súa obra fundamental: a "Teoría Xeral da Ocupación, o Xuro e o Diñeiro".

Nesta obra, e tomando como base a demanda agregada, Keynes tenta explicar as variacións do nivel medio de actividade económica desta convulsa época. Partindo de que a renda dun país vai vir dada polo consumo e o investimento, Keynes defende que a única saída a unha recesión, na cal os factores productivos están infrautilizados (desemprego, exceso de capacidade productiva) debe ser incrementar primeiro os niveis de consumo e de investimento. E é por iso polo que afirma que o estado debería intervir mediante gasto público como un impulsor da recuperación económica. Moitos estados, baseándose nas teorías keynesianas, comezan a elaborar ambiciosos programas de obras públicas, e os orzamentos públicos experimentan nesta época importantes incrementos.

Cabe destacar de xeito moi especial a enorme influencia que tivo a obra de Keynes no New Deal, conxunto de políticas levadas a cabo polo presidente dos Estados Unidos Franklin Rooselvet que se cre que foron fundamentais para saír da Gran Depresión (aínda que hai opinións encontradas sobre isto).

Publicou "Como pagar a Guerra" en 1940, tralo comezo da Segunda Guerra Mundial, obra na que se amosaba faborable a unha suba dos impostos e contrario a un incremento do déficite.

Tralo conflito, participou de xeito activo na Conferencia Breton-Woods de 1944, apresentando o denominado Plano Keynes, que propón a creación dun sistema monetario internacional regulamentado por un organismo que coordine a actividade dos bancos centrais. A meirande parte das súas propostas, dun ou doutro xeito, remataron por concretarse, aínda que nalgúns casos atenuadas polas propostas menos radicais de Harry Dexter White.

Keynes, que tiña problemas cardíacos, finou en 1946 en Tilton tras sufrir un infarto. Catro anos antes recibira o título nobiliario de Barón desa mesma localidade.

Influencia e crítica

A súa influencia é tal que é considerado o economista máis importante do século XX, e o keynesianismo é unha parte esencial no estudo da macroeconomía. O seu principal crítico e outro importante economista, Milton Friedman, que afirma que as súas teorías víronse superadas polos problemas económicos dos anos setenta, nos que a combinación de inflación e o desemprego (estanflación) puxo en tela de xuízo moitas das afirmacións de Keynes.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Link FA Modelo:Link FA