África do Norte: Diferenzas entre revisións
m bot Modificado: pt:Norte de África |
m bot Engadido: kg:Afelika ya Node |
||
Liña 45: | Liña 45: | ||
[[ka:ჩრდილოეთი აფრიკა]] |
[[ka:ჩრდილოეთი აფრიკა]] |
||
[[kab:Tafriqt ugafa]] |
[[kab:Tafriqt ugafa]] |
||
[[kg:Afelika ya Node]] |
|||
[[kn:ಉತ್ತರ ಆಫ್ರಿಕಾ]] |
[[kn:ಉತ್ತರ ಆಫ್ರಿಕಾ]] |
||
[[ko:북아프리카]] |
[[ko:북아프리카]] |
Revisión como estaba o 29 de setembro de 2009 ás 07:34
África do Norte é a rexión máis ao norte do continente africano, separada polo deserto do Sáhara da África Subsahariana. Segundo a ONU o norte de África abrangue os territorios seguintes: Alxeria, Exipto, Libia, Marrocos, Sudán, Tunisia e o territorio disputado do Sáhara Occidental. As cidades autónomas españolas de Ceuta e Melilla son xeograficamente parte da África do Norte xunto con enclaves menores como: Perejil, Peñon de Velez de la Gomera Illa de Alhucemas e as Chafarinas, así como as illas Canarias, Madeira e Salvaxes, Mauritania, Malí, Níxer e Chad. Máis raramente aparecen formando parte de África do Norte, Etiopía e Eritrea.
Clima
A rexión caracterízase polo clima mediterráneo debido á influencia do Mediterráneo e o clima desértico polo Sáhara.
Poboación
No territorio que segundo a ONU constitúe África do Norte a poboación está formada por tres grandes grupos, os bérberes e os tuaregs, os árabes e os pobos nilóticos. Os árabes e os bérberes arabizados falan dialectos árabes, os bérberes falan dialectos bérberes e os pobos nilóticos dialectos bérberes e árabe. O francés, a antiga lingua colonial en Marrocos, Alxeria e Tunisia ten uso entre unha parte das clases medias. A maioría da poboación profesa a relixión islámica, os coptos de Exipto son cristiáns seguidores da Igrexa Copta, e unha parte dos pobos nilóticos son cristiáns ou animistas. Tradicionalmente existía unha importante comunidade xudía, aproximadamente 700.000 antes de 1948 pero tras a creación do estado de Israel a maioría emigraron alí e quedan menos de 15.000.