Hyacinthe Rigaud: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Ptbotgourou (conversa | contribucións)
m bot Modificado: sk:Hyacinthe Rigaud
Liña 33: Liña 33:
[[Categoría:Pintores|Rigaud, Hyacinthe]]
[[Categoría:Pintores|Rigaud, Hyacinthe]]


{{Link FA|fr}}
[[ca:Jacint Rigau-Ros i Serra]]
[[ca:Jacint Rigau-Ros i Serra]]
[[cs:Hyacinthe Rigaud]]
[[cs:Hyacinthe Rigaud]]

Revisión como estaba o 20 de agosto de 2009 ás 21:42

Autorretrato de Hyacinthe Rigaud (1698). Perpignan, Museo Rigaud
Luís XIV, rei de Francia e de Navarra (1701), Museo do Louvre

Hyacinthe Rigaud (nome completo Híacint Francesc Honrat Mathias Pere Martyr Andreu Joan Rigau), Perpignan, 20 de xullo de 1659 - París, 27 de decembro de 1743, foi un pintor francés.

Biografía

Naceu en Perpignan, cidade da Cataluña septentrional, que nese ano pasou a dominio de Francia poucos meses despois do seu nacemento, polo Tratato dos Pirineos (7 de novembro de 1659).

Anos de formación

Fillo dun xastre e pintor, Matías Rigau, e de María Serra, Hyacinthe debeu ter unha formación artística inicial no seo da propia familia. Á morte do pai, pechou contrato cun dourador, mais axiña pasou para Montpellier no ano 1671. Alí sábese que entrou no obradoiro de Mr. Pezet, porén a crítica considera que este era un pintor mediocre, do que non podía recibir demasiado. Cóidase, porén, que Rigaud fixo boas relacións cunha serie de artistas locais con os que debeu aprender moito máis: Sébastian Bourdon, Samuel Boissière, Jans Zueil - un flamengo que mantiña influencias de Rubens e Van Dyck - ou Antoine Ranc o vello (1634-1716). Rigaud estivo catro anos en Montpellier. Pasou desde aí para Lyon, aínda que se coñece pouco da súa estada lionesa.

En París

En 1681 Rigaud decidíu pasar a París. Decidido a medrar presentouse á Academia Real de Pintura e Escultura, que controlaba as actividades artísticas na cidade. Non dubidou en se presentar a un concurso amparado pola dita institución e, no ano seguinte, 1682, gañou o prestixioso Prix de Rome, bolsa de estudo que permitía efectuar unha estada na Academia de Francia na cidade eterna.

Á volta tornouse o máis importante retratista da corte de Luís XIV de Francia: a súa habilidade para plasmar poses imponentes e grandiosas presentacións achaba o favor das personalidades da familia real, de embaixadores, de eclesiásticos, de cortesáns e dos grandes negociantes que posaron para el.

Os seus retratos son hoxe moi aprezados como fonte da historia do traxe e da moda, porque, alén da semellanza fisiognómica, fornecen detalles do vestido e do cuidado persoal.

A obra máis célebre de Rigaud é, sen dúbida, o retrato oficial do rei Luís XIV (1701), conservado no Museo do Louvre de París (unha copia, realizada polo artista, atópase no Palacio de Versailles).

No 1709 entrou a formar parte da nobreza da súa cidade natal, Perpignan, e no 1727 foi nomeado cabaleiro da Orde de San Miguel.

Morreu en París o 27 de decembro de 1743.

Ligazóns externas


Modelo:Link FA