Constancio I Cloro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: jbo:konstantius.xlorus
Liña 41: Liña 41:
[[it:Costanzo Cloro]]
[[it:Costanzo Cloro]]
[[ja:コンスタンティウス・クロルス]]
[[ja:コンスタンティウス・クロルス]]
[[jbo:konstantius.xlorus]]
[[jbo:la'o zoi Constantius Chlorus zoi]]
[[ko:콘스탄티우스 클로루스]]
[[ko:콘스탄티우스 클로루스]]
[[la:Constantius Chlorus]]
[[la:Constantius Chlorus]]

Revisión como estaba o 12 de agosto de 2009 ás 07:07

Marcus Flavius Valerius Constantius, pasou á historia coma Constancio I Cloro (pola sua palidez). Naceu en Salona (Espalato) na Dalmacia no ano 243.

Da súa xuventude sábese pouco. No ano 272 casa con Helena, beatificada despois coma Santa Helena, nai do futuro emperador Constantino I o Grande. Poucas cousas se saben a ciencia certa da orixe de Helena. Puido ser filla do rei bretón Cole ou filla dunha concubina.

O 1 de marzo do ano 293 foi nomeado César de occidente por Maximiano. Foi o elexido pola sua competencia no goberno da Dalmacia. Na división de Diocleciano de dous augustus e dous césares, a Constancio tocáronlle as provincias de Britania e a Galia. Repudiara a Helena e casou con Teodora, fillastra de Maximiano no ano 289.

No ano 296, na Britania rebélase Carausio, e proclámase emperador. Toma as terras británicas e algúns portos da Galia. Constancio lógrao derrotar, pero non nunha batalla definitiva, pero Carausio morre a mans do seu lugartenente Alecto. Pouco despois este é derrotado por Constancio, que se fai co control da Britania.

No ano 298 vence aos alamáns en Lingones e fai reforzar toda a fronteira do Rhin. No ano 305, despois da abdicación de Maximiano, é nomeado augustus, pero morre en Eboracum (York) no ano 306 nunha expedición contra os pictos. As lexións elixen ao seu fillo Constantino coma César.

Imperio Romano

Segue a:
Maximiano
Constancio I Cloro
Precede a:
{{{DESPOIS}}}
Segunda Tetrarquia