Tratado de Valençay: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Elvire (conversa | contribucións)
m retiro categoría redundante e categoría vermella
Liña 10: Liña 10:
* [http://books.google.es/books?id=R0MOAAAAQAAJ&printsec=titlepage&source=gbs_summary_r&cad=0#PPA12,M1 Texto do tratado] en español.
* [http://books.google.es/books?id=R0MOAAAAQAAJ&printsec=titlepage&source=gbs_summary_r&cad=0#PPA12,M1 Texto do tratado] en español.


[[Categoría:Guerra da Independencia española|Tratado de Valençay]]
[[Categoría:Guerra da Independencia española]]
[[Categoría:Guerras napoleónicas|Tratado de Valençay]]
[[Categoría:Guerras napoleónicas]]
[[Categoría:Tratados de España|Valençay]]
[[Categoría:Historia de Francia]]
[[Categoría:Tratados de Francia|Valençay]]


[[ca:Tractat de Valençay]]
[[ca:Tractat de Valençay]]

Revisión como estaba o 28 de xullo de 2009 ás 19:43

O Tratado de Valençay foi un acordo asinado na localidade francesa do mesmo nome, polo que o emperador Napoleón I de Francia oferecía a paz, recoñecendo a Fernando VII como rei de España, a causa das derrotas sufridas na Guerra da Independencia e, especialmente, polo degaste progresivo do exército francés e da moral dos soldados polo continuado acoso das forzas que actuaban en guerrilla.

As negociacións comezaron o 20 de novembro de 1813 en Valençay, residencia real na Francia de Fernando VII, entre José Miguel de Carvajal, duque de San Carlos, e Antoine René Mathurin, conde de Laforest. O acordo foi finalemente asinado o día 11 de dicembro do mesmo ano. Napoleón aceptaba a suspensión de hostilidades e a volta de Fernando VII ao trono de España, así mesmo recoñecía todos os territorios baixo soberanía da familia real española, consonte a situación anterior ao inicio da guerra. Ambos os dous países devolveríanse mutuamente as prazas e territorios ocupados.

O monarca español comprometíase a devolver os dereitos e honras dos partidarios do ex-rei Xosé Bonaparte, ademais de concertar un tratado de comerzo, e aínda a pasar a seus pais, Carlos IV e María Luísa de Parma, unha pensión de trinta mil reais anuais.

O tratado fo ratificado un mes despois en París, e, apenas uns meses logo da asinatura do tratado, as tropas napoleónicas abandonaron completamente os territorios españois.

Ligazóns externas