Póstumo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: fy:Postumus
desambiguación
Liña 1: Liña 1:
'''Marcus Casianus Latinius Postumus''' foi o primeiro emperador do chamado [[Imperium Galliarum]] dende o ano [[259]] deica o [[268]].
'''Marcus Casianus Latinius Postumus''' foi o primeiro emperador do chamado [[Imperium Galliarum]] dende o ano [[259]] deica o [[268]].


Da súa vida sábese pouco, e cóidase que é un galo que foi subindo no exército ata chegar a ser comandante. Cando o emperador [[Galieno]]' atopou dificultades na [[Dacia]] e na [[Panonia]], nomeou o seu fillo [[Salonino]] comandante e [[césar]], xa que o sucesor de Galieno morrera de morte morrida. Pero Salonino, diante dos avances dos [[alamán]]s e [[franco]]s cometeu moitos erros, tanto que as súas propias tropas se lle reviraron. Prodúcese unha sublevación das tropas, e nomean emperador a Póstumo. Este avanza cara a [[Colonia]], toma as suas murallas e mata a Salonino e o seu preceptor [[Silvano]], proclamándose emperador.
Da súa vida sábese pouco, e cóidase que é un galo que foi subindo no exército ata chegar a ser comandante. Cando o emperador [[Galieno]]' atopou dificultades na [[Dacia]] e na [[Panonia]], nomeou o seu fillo [[Salonino]] comandante e [[césar]], xa que o sucesor de Galieno morrera de morte morrida. Pero Salonino, diante dos avances dos [[alamán]]s e [[francos]] cometeu moitos erros, tanto que as súas propias tropas se lle reviraron. Prodúcese unha sublevación das tropas, e nomean emperador a Póstumo. Este avanza cara a [[Colonia]], toma as suas murallas e mata a Salonino e o seu preceptor [[Silvano]], proclamándose emperador.


Galieno non estaba en condicións en [[259]] de se opoñer a este nomeamento, e oficialmente declara que Póstumo é o seu comandante nas rexións afectadas ao igual ca [[Odenato]] o é no Oriente, xa que dividira o [[imperio]] dende o punto de vista militar para unha mellor defensa del.
Galieno non estaba en condicións en [[259]] de se opoñer a este nomeamento, e oficialmente declara que Póstumo é o seu comandante nas rexións afectadas ao igual ca [[Odenato]] o é no Oriente, xa que dividira o [[imperio]] dende o punto de vista militar para unha mellor defensa del.

Revisión como estaba o 10 de xuño de 2009 ás 11:41

Marcus Casianus Latinius Postumus foi o primeiro emperador do chamado Imperium Galliarum dende o ano 259 deica o 268.

Da súa vida sábese pouco, e cóidase que é un galo que foi subindo no exército ata chegar a ser comandante. Cando o emperador Galieno' atopou dificultades na Dacia e na Panonia, nomeou o seu fillo Salonino comandante e césar, xa que o sucesor de Galieno morrera de morte morrida. Pero Salonino, diante dos avances dos alamáns e francos cometeu moitos erros, tanto que as súas propias tropas se lle reviraron. Prodúcese unha sublevación das tropas, e nomean emperador a Póstumo. Este avanza cara a Colonia, toma as suas murallas e mata a Salonino e o seu preceptor Silvano, proclamándose emperador.

Galieno non estaba en condicións en 259 de se opoñer a este nomeamento, e oficialmente declara que Póstumo é o seu comandante nas rexións afectadas ao igual ca Odenato o é no Oriente, xa que dividira o imperio dende o punto de vista militar para unha mellor defensa del.

Pero a realidade e que Póstumo construíu un novo imperio, co seu goberno, coas súas institucións, coa súa moeda, etc, e consegue que a Galia, a Xermania, a Britania e a Hispania o acepten coma novo emperador.

Póstumo rexeita os xermanos para alén do Rhin, constrúe novas fortificacións, e mantén unidos uns territorios que Galieno moi dificilmente podería conservar. Mais adiante, no 267, Póstumo e Galieno chegan a un acordo onde se delimitan as áreas de control dos dous, e é entón cando o Imperio, co recoñecemento de Póstumo en Occidente e Odenato no Oriente queda dividido en tres partes.

No 268, rebélase o gobernador da Baixa Xermania, Leliano. As tropas de Póstumo afogan esta rebelión e poñen sitio e toman a cidade de Mainz. Póstumo impide o saqueo da vila, así que resultan asasinados tanto el coma o seu fillo Póstumo II, a quen nomeara césar e augusto. Leliano morre nesta acción e as tropas nomean a Marco Aurelio Mario.

Mario tamén morre aos poucos días a mans das tropas e o novo emperador do Imperium Galliarum é Victorino, quen fora comandante das tropas de Póstumo.