Illa de Alborán: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: nn:Isla de Alborán |
m bot Engadido: bg:Алборан |
||
Liña 43: | Liña 43: | ||
[[ar:جزيرة البران]] |
[[ar:جزيرة البران]] |
||
[[bg:Алборан]] |
|||
[[ca:Alboran]] |
[[ca:Alboran]] |
||
[[de:Isla de Alborán]] |
[[de:Isla de Alborán]] |
Revisión como estaba o 27 de maio de 2009 ás 20:47
Alborán | ||
---|---|---|
| ||
Localización | ||
Datos | ||
Provincia | Almería | |
País | España | |
Poboación (2007) | 21 hab. (destacamento militar) | |
Superficie | 0'0712 km² | |
Coordenadas | Modelo:Coor dm | |
Maior Altura | 15 |
A Illa de Alborán é un illote español, do mar Mediterráneo de orixe volcánica, situada entre o litoral andaluz e o norte de África, a uns 92,6 quilómetros do litoral de Almería, provincia á que pertence. A 100 metros dirección nor-leste sitúase o Illote da Nube e outro pequeno roquedal. No centro da illa hai unha canle subterránea que a traspasa dun lado a outro e é navegable con bo tempo denominado Cova das Morenas.
O nome de Alborán procede do corsario tunecino Al-Borany, quen utilizou este illote como lugar de refuxio e fondeadeiro para o asalto de navíos mercantes en augas do Estreito de Xibraltar, e como plataforma de lanzamento de ataques contra as costas almerienses. Nas súas proximidades, o 1 de outubro de 1540 produciuse a Batalla da Illa de Alborán, unha das primeiras accións da Armada Española. Administrativamente, na actualidade a Illa de Alborán pertence ao concello de Almería e concretamente ao distrito almeriense do barrio de Pescadería.
Debido ao seu gran valor estratéxico, a mediados dos anos 1960 producíronse varios intentos de supostos barcos de pesca soviéticos de establecer un asentamento estable en Alborán, o que motivou ao exército español a establecer na illa un destacamento permanente de Infantería de Mariña para o control e protección da mesma. Entre as escasas construcións existentes, hai que sinalar o faro (actualmente automatizado). Aínda que resulte sorprendente a illa conta tamén cun campo de fútbol e un cemiterio. Situada nunha importante zona sísmica na que choca a placa africana coa europea, en Alborán sitúanse os epicentros dun bo número de sismos de baixa intensidade. En 1899 descubriuse nela un novo mineral que recibe o nome de Alboranita.
A illa e o seu entorno foi declarada Reserva Mariña e Reserva de Pesca en 1997 e no 2003, o Parlamento andaluz aprobou por unanimidad a Lei de Declaración do Paraxe natural de Alborán, o illote da Nube e as augas e fondos mariños que a rodean.