Fantasía: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Traducido da wikipedia en castelán parcialmente
 
Adorian (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:The_Enchanted_Garden_of_Messer_Ansaldo_by_Marie_Spartali_Stillman_(1889).jpg|thumb|300px|Os elementos do xénero fantástico atravesan obras moi diversas como o ''[[Decamerón]]'' de [[Boccaccio]], onde se fai referencia a un suposto xardín encantado]]

O '''xénero fantástico''', comunmente chamado '''fantasía''', é un xénero artístico de [[ficción]] no cal os elementos principais do argumento son imaxinarios, irreais e [[sobrenatural]]é.
O '''xénero fantástico''', comunmente chamado '''fantasía''', é un xénero artístico de [[ficción]] no cal os elementos principais do argumento son imaxinarios, irreais e sobrenaturais.

No seu sentido máis amplo, o xénero fantástico áchase presente na [[literatura]], [[cinematografía]], [[historieta fantástica|historieta]], [[videoxogos]], [[xogos de rol]], [[pintura]], [[escultura]], [[drama]] e, sobre todo, na [[mitoloxía]] e relatos antigos, onde tivo a súa orixe. Caracterízase por non dar prioridade a unha representación realista que respecte as leis de funcionamento do mundo real. Nese sentido adóitase dicir que o xénero fantástico é subversivo, pois viola as normas da realidade.

Revisión como estaba o 20 de maio de 2009 ás 13:07

Os elementos do xénero fantástico atravesan obras moi diversas como o Decamerón de Boccaccio, onde se fai referencia a un suposto xardín encantado

O xénero fantástico, comunmente chamado fantasía, é un xénero artístico de ficción no cal os elementos principais do argumento son imaxinarios, irreais e sobrenaturais.

No seu sentido máis amplo, o xénero fantástico áchase presente na literatura, cinematografía, historieta, videoxogos, xogos de rol, pintura, escultura, drama e, sobre todo, na mitoloxía e relatos antigos, onde tivo a súa orixe. Caracterízase por non dar prioridade a unha representación realista que respecte as leis de funcionamento do mundo real. Nese sentido adóitase dicir que o xénero fantástico é subversivo, pois viola as normas da realidade.

Xeralmente distínguese doutras formas artísticas como a ciencia ficción, na que tamén se subverten os mecanismos de funcionamento da realidade coñecida, aducindo que a causa dos fenómenos observados en obras de corte fantástico sempre teñen que ver con forzas sobrenaturais mentres que na ciencia ficción hai causas científicas, con explicacións que buscan a racionalidade dentro da súa ruptura coa orde coñecida.

Medios

Os gnomos, do mesmo xeito que outras criaturas, poboan obras fantásticas, xeralmente de corte marabilloso.

O fantástico é un xénero popular, despois de atopar un lugar para si mesmo en case todas os medios. Aínda que a arte fantástico e recentemente as películas fantásticas foron cada vez máis populares, é a literatura fantástica quen foi sempre o medio primordial do xénero. Así mesmo, os xogos e videoxogos de rol fantástico foron as bases do xénero RPG.

Subxéneros

As evolucións do xénero fantástico moderno xeraron moitos novos subxéneros sen unha clara contrapartida na mitoloxía ou o folclore, aínda que a inspiración nestes segue sendo o tema máis recorrente. Os subxéneros fantásticos son numerosos e moi diversos, e con frecuencia se superpoñen con outras formas de ficción en case todos os medios nos que se producen. Cabe facer especial mención nos subxéneros de ciencia ficción e terror.