Treboada: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
lig int
Terra (planeta) -> Terra
Liña 3: Liña 3:
Para que se forme este tipo de [[meteoro]]s cómpre que exista elevación de ar húmido nunha [[atmosfera terrestre|atmosfera]] inestábel. A atmosfera fica inestábel cando as condicións son tais que unha bolla de ar quente en ascensión pode continuar a subir porque continúa máis quente do que o ar ambiente. A elevación do ar quente é un mecanismo que tenta restabelecer a estabilidade; do mesmo modo, o ar máis frío tende a descer e a afundarse encanto se mantiver máis frío do que o ar na súa viciñanza. Se a elevación de ar for suficientemente forte, o ar arrefece (adiabaticamente) até temperaturas abaixo do ponto de [[orvallo]] e condensa, libertando calor latente que promove a elevación do ar e "alimenta" a trevoada. Fórmanse cumulonimbos isolados con grande desenvolvimento vertical (podendo ir até 10 ou 18 mil metros de altitude) alimentado pelas correntes ascendentes de ar.
Para que se forme este tipo de [[meteoro]]s cómpre que exista elevación de ar húmido nunha [[atmosfera terrestre|atmosfera]] inestábel. A atmosfera fica inestábel cando as condicións son tais que unha bolla de ar quente en ascensión pode continuar a subir porque continúa máis quente do que o ar ambiente. A elevación do ar quente é un mecanismo que tenta restabelecer a estabilidade; do mesmo modo, o ar máis frío tende a descer e a afundarse encanto se mantiver máis frío do que o ar na súa viciñanza. Se a elevación de ar for suficientemente forte, o ar arrefece (adiabaticamente) até temperaturas abaixo do ponto de [[orvallo]] e condensa, libertando calor latente que promove a elevación do ar e "alimenta" a trevoada. Fórmanse cumulonimbos isolados con grande desenvolvimento vertical (podendo ir até 10 ou 18 mil metros de altitude) alimentado pelas correntes ascendentes de ar.


As trevoadas pódense formar no interior das masas de ar (a partir da elevación do ar por [[convección]] - común en terra nas tarde de [[verán]] - cando o aquecimento da superficie atinxe o seu pico - e sobre o mar nas madrugadas de inverno, cando as auga están relativamente quentes); por efecto orográfico - (a [[barlovento]] das grandes montañas) ou estar asociadas a [[frente (meteoroloxía)|frentes]] - sendo máis intensas no caso das frentes frías.
As trevoadas pódense formar no interior das masas de ar (a partir da elevación do ar por [[convección]] - común en terra nas tarde de [[verán]] -cando o aquecimento da superficie atinxe o seu pico- e sobre o mar nas madrugadas de inverno, cando as auga están relativamente quentes); por efecto orográfico -(a [[barlovento]] das grandes montañas) ou estar asociadas a [[fronte (meteoroloxía)|frontes]], sendo máis intensas no caso das frentes frías.


As trevoadas máis fortes xéranse cando ar quente e húmido sobe rapidamente, con velocidades que poden chegar aos 160 km por hora, até altitudes máis elevadas e máis frías. En cada momento hai na orde de 2000 trevoadas en progreso sobre a superficie da [[Terra (planeta)|Terra]]. Os [[lóstrego]]s prodúcense cando as partículas de xelo ou neve dunha nuve comezam a cair de grande altitude en dirección á superfície e corresponden á liberación de enerxía debida á diferenza de carga entre as partículas.
As treboadas máis fortes xéranse cando ar quente e húmido sobe rapidamente, con velocidades que poden chegar aos 160 km por hora, até altitudes máis elevadas e máis frías. En cada momento hai na orde de 2.000 treboadas en progreso sobre a superficie da [[Terra]]. Os [[lóstrego]]s prodúcense cando as partículas de xelo ou neve dunha nuve comezam a cair de grande altitude en dirección á superfície e corresponden á liberación de enerxía debida á diferenza de carga entre as partículas.


==Fases dunha treboada==
==Fases dunha treboada==

Revisión como estaba o 30 de marzo de 2009 ás 08:09

Unha treboada consiste nun conxunto de fenómenos atmosféricos intensos asociados a cumulonimbos: lóstregos, refachos de vento, tronos, inundacións, saraiba e, posibelmente, tornados.

Para que se forme este tipo de meteoros cómpre que exista elevación de ar húmido nunha atmosfera inestábel. A atmosfera fica inestábel cando as condicións son tais que unha bolla de ar quente en ascensión pode continuar a subir porque continúa máis quente do que o ar ambiente. A elevación do ar quente é un mecanismo que tenta restabelecer a estabilidade; do mesmo modo, o ar máis frío tende a descer e a afundarse encanto se mantiver máis frío do que o ar na súa viciñanza. Se a elevación de ar for suficientemente forte, o ar arrefece (adiabaticamente) até temperaturas abaixo do ponto de orvallo e condensa, libertando calor latente que promove a elevación do ar e "alimenta" a trevoada. Fórmanse cumulonimbos isolados con grande desenvolvimento vertical (podendo ir até 10 ou 18 mil metros de altitude) alimentado pelas correntes ascendentes de ar.

As trevoadas pódense formar no interior das masas de ar (a partir da elevación do ar por convección - común en terra nas tarde de verán -cando o aquecimento da superficie atinxe o seu pico- e sobre o mar nas madrugadas de inverno, cando as auga están relativamente quentes); por efecto orográfico -(a barlovento das grandes montañas) ou estar asociadas a frontes, sendo máis intensas no caso das frentes frías.

As treboadas máis fortes xéranse cando ar quente e húmido sobe rapidamente, con velocidades que poden chegar aos 160 km por hora, até altitudes máis elevadas e máis frías. En cada momento hai na orde de 2.000 treboadas en progreso sobre a superficie da Terra. Os lóstregos prodúcense cando as partículas de xelo ou neve dunha nuve comezam a cair de grande altitude en dirección á superfície e corresponden á liberación de enerxía debida á diferenza de carga entre as partículas.

Fases dunha treboada

Na vida dunha treboada ordinaria (formada por convección a partir dunha masa de ar) están usualmente presentes 3 fases (cada unha durante normalmente de 15 a 30 minutos):

Nacemento: as correntes ascendentes de ar levan á formación de cumulonimbos. Xurden as primeiras cargas de auga, mais ainda non se producen os lóstregos. Na parte alta da nuve o processo de crecemento de cristais de xelo comeza a producir grandes partículas de precipitación.

Maturidade: o crecemento vertical atinxe o seu máximo e os topos das nuves fican achatados coa forma característica dunha bigorna. Normalmente isto dase cando o ar ascendente encontra unha inversión de temperatura estábel (por exemplo, o ar máis quente da tropopausa). Os ventos predominantes en altitude comezam a espallar cirros a partir do topo das nuves. As bases dianteiras fican máis baixas e os lóstregos comezan a aparecer en toda a extensión das nuves. No interior das nuves a turbulencia é intensa e irregular, con equilibrio entre correntes ascendentes e descendentes. O peso das partículas de precipitación xa é suficiente para contrariar as correntes ascendentes e comezam a cair, arrastrando o ar en volta consigo. a medida que as partículas de precipitación caem nas rexións máis quentes da nuve, hai ar seco do ambiente que entra na nuve e pode orixinar a evaporación desas partículas. A evaporación esfría o ar, tornándoo máis denso e "pesado". É todo este ar frío que cai através da nuve coa precipitación que forma a corrente descendente de ar que, cando bate na superficie se pode espallar, formando unha frente de raxada que vai deslocando e substituindo o ar máis quente da superficie. Nesta fase a trevoada produce ventos fortes, lóstregos e precipitación forte.

Disipación: as nubes comezanse a espallar para os lados, en camadas. E as correntes frías descendentes tórnanse predominantes. O ar frío substitúe o ar mais quente da superfície, desligando os movementos ascendentes dentro da trevoada. Nesta fase xa só hai correntes descendentes fracas e fraca precipitación. Sobran apenas moitos altostratos e cirrostratos que poden até contribuir, coa súa sombra, para diminuir o aquecimento da superficie.

Como saber a distancia da treboada?

Unha vez que o son e a luz se desprazan a traverso da atmosfera a velocidades moi diferentes, pode estimarse a distancia da treboada pola diferenza de tempo entre o lóstrego (luz) e o trono (son). A velocidade do son é de aproximadamente 332 m/s (depende das condicións do tempo). A velocidade da luz é tan elevada (~ 300.000 km/s) que o tempo que tarda en chegar pode ser ignorado nesta aproximación. Polo tanto, a treboada estará a 1 km de distancia por cada 3 segundos que pasen entre o lóstrego e o trono.