Muralla: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
traduzo do castelán
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 26 de marzo de 2009 ás 13:56



Muralla de Lugo

Denomínase muralla a un muro pechado destinado á protección e defensa de determinado sitio.

As murallas usáronse dende a prehistoria e foron moi comúns na Idade Media. Algunhas arrodeaban un castelo, outras unha cidade (como as murallas de Lugo, Xirona ou Ávila) e outras formaban grandes liñas defensivas, como a Grande Muralla China.

Algunhas complementábanse con torreóns e fosos para aumentar a súa inexpugnabilidade. A parte máis complexa de construír son as portas, máis coñecidas como portais, representando asemade o punto feble e o máis importante, pois eran estes os únicos puntos de entrada e saída do recinto.