Cirenaica: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: uk:Кіренаїка Modificado: da:Cyrenaika |
m bot Modificado: uk:Киренаїка |
||
Liña 49: | Liña 49: | ||
[[sv:Cyrenaika]] |
[[sv:Cyrenaika]] |
||
[[tr:Sirenayka]] |
[[tr:Sirenayka]] |
||
[[uk: |
[[uk:Киренаїка]] |
Revisión como estaba o 11 de febreiro de 2009 ás 04:26
A Cirenaica (en grego antigo Κυρηναία, en latín Cyrenaica, foi unha provincia romana de África do Norte, situada entre as provincias de Exipto e de Numidia. Actualmente a Cirenaica forma parte do moderno estado de Libia. O seu nome provén da antiga cidade de Cirene (latinizado Cyrene).
Historia breve
Os gregos fundaron a colonia de Cirene no 630 a.C.. Logo da súa conquista por Alexandre o Grande no século IV a.C., foi territorio controlado polo Exipto helenístico. Ptolomeo VIII legouna a título persoal a seu fillo Ptolomeo Apión, quen, sen herdeiros e ás portas da morte, a legou á súa vez á República Romana no 96 a.C.. Roma converteuna nunha provincia xunto coa illa de Creta, inicialmente.
Cando os árabes se apoderaron do territorio no século VII d.C., o desecamento climático e a escasez das reservas de auga despoboaran xa o país, cuxa prosperidade non era máis que un lonxano recordo. O país foi nomeado en árabe Barqah (برقه), adaptación do nome da cidade de Berenice. Os rumis, os romano-bizantinos, foron expulsados para Sicilia ou para Creta, ficando o territorio case ermo durante varios séculos. No século XIV, unha mellora nas condicións climáticas permitíu a recolonización humana; pasou a formar parte de Exipto, antes de tornarse nunha provincia do Imperio Otomano, que acabou por unila á Tripolitania.
Época contemporánea
En 1911, Italia apoderouse da Tripolitania e, en consecuencia, da Cirenaica, logo da Guerra italo-turca, englobándoa na súa colonia de Libia, na que se inclúe desde a independencia deste país.
En 1959 descubríuse petróleo no seu territorio, o que constitúe a base económica actual dos seus habitantes.