Xoana Seymour: Diferenzas entre revisións
Nova páxina: {| align=right | {| class="infobox" style="font-size:90%;" width="270" |+ style="text-align:center; font-size:larger;" | '''Xoana Seymour''' |- | colspan="2" style="padding-bottom:1em;... |
Sen resumo de edición |
||
Liña 17: | Liña 17: | ||
|- |
|- |
||
| style="vertical-align: top; text-align: right;" | '''descendentes''' |
| style="vertical-align: top; text-align: right;" | '''descendentes''' |
||
| style="vertical-align: top; text-align: left;" | [[Eduardo VI]]<br> |
| style="vertical-align: top; text-align: left;" | [[Eduardo VI de Inglaterra]]<br> |
||
|- |
|- |
||
Revisión como estaba o 20 de decembro de 2008 ás 01:38
|
Xoana Seymour tamén coñecida como Jane Seymour (1509 – 24 de octubre de 1537) foi a terceira muller de Henrique VIII de Inglaterra, e nai do futuro rei Eduardo VI. Finou 12 días despois de concibir ao futuro rei.
Seymour foi a cuarta filla dos 9 fillos que tiveron Xoán Seymour de Wiltshire e Margarida Wentworth. Logo de servir coma asistente de Catarina de Aragón e de Ana Bolena, esposas ambas as dúas de Henrique VIII de Inglaterra, Xoana espertou o interese do rei e mailo favor deste ao seguir a mesma táctica cortesá de Ana Bolena, de negarse reiteradamente ás propostas sexuais do rei co fin de aumentar o seu desexo até o punto de conseguir os mesmos favores que conseguira a arteira Ana. A diferenza dos seus irmáns e da súa predecesora Ana Bolena, non simpatizaba coas ideas relixiosas protestantes. O anceio do rei Henrique de casar con ela acelerou as falsas acusacións de adulterio contra a, aínda daquela, raíña Ana. Así, finalmente Xoana e Henrique casaron no palacio de York, o 30 de maio de 1536, tan só 11 días despois da execución de Ana Bolena na Torre de Londres. De contado, Xoana quedaría embarazada.
A preñez espertou en Xoana unhas arelas irrefrenábeis de comer perdices. O rei ordeaba traélas dende Calais e Flandres. Engordou terribelmente e tivéronse que amañar todos os seus vestidos. Xoana deu a luz a un varón, o futuro rei Eduardo VI, o 12 outubro de 1537. Contraeu febres puerperais e morreu doce días más tarde, o 24 de outubro de 1537. Está enterrada no Castelo de Windsor.
Os dous ambiciosos irmáns de Xoana, Tomás e Eduardo, abusaron da súa memoria para aumentaren as súas propias fortunas. Tras a morte de Henrique, Tomás contreu matrimonio coa súa viúva, Catalina Parr (sexta e derradeira esposa de Henrique). Durante o período de rexencia de Eduardo VI, Eduard Seymour foi o seu protector e o gobernante real de Inglaterra. Ambos os dous irmáns foron axustizados.
Das seis mulleres que tivo o rei Henrique VIII, Xoana Seymour foi considerada polo mesmo rei coma a súa "verdadeira" esposa, ao ser a única que lle deu o herdeiro varón que tan desesperadamente desexaba. Tanto era así, que á morte desta a corte ao completo gardou loito durante certo tempo seguindo a orde do rei. E cando Henrique faleceu, sepultárono ao lado da súa esposa, Xoana Seymour, na Capela de San Xurxo ubicada no Castelo de Windsor.
Predecesor: Ana Bolena |
Raíña Consorte de Inglaterra 1536 - 1537 |
Sucesor: Ana de Cleves |