Faith Hill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFaith Hill

(2010) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de setembro de 1967 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Ridgeland, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónHinds Community College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura175 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , produtora musical Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1993 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica country Editar o valor em Wikidata
Influencias
TesituraContralto Editar o valor em Wikidata

InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoWarner Bros. Records
Warner Records
Warner Music Group Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeTim McGraw (1996–)
Daniel Hill (1988–1994), divorcio
FillosGracie McGraw (en) Traducir
 () Tim McGraw (pt) Traducir
Maggie McGraw (en) Traducir
 () Tim McGraw (pt) Traducir
Audrey McGraw (en) Traducir
 () Tim McGraw (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webfaithhill.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0005011 Rottentomatoes: celebrity/faith_hill TV.com: people/faith-hill
Facebook: faithhill Twitter: FaithHill Instagram: faithhill MySpace: faithhill Youtube: UCrgWiquB-NYsL3O6D-Lm9_A Souncloud: faithhill Spotify: 25NQNriVT2YbSW80ILRWJa iTunes: 168620 Last fm: Faith+Hill Musicbrainz: 406552d4-5ba1-4226-b7c0-367bc50fc767 Songkick: 288406 Discogs: 137767 Allmusic: mn0000162269 WikiTree: Perry-5871 Deezer: 1459 Genius: Faith-hill Editar o valor em Wikidata

Audrey Faith Perry, nada en Jackson (Mississippi) o 21 de setembro de 1967 é unha cantante estadounidense máis coñecida como Faith Hill.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hill naceu en Ridgeland, Mississippi, ao norte de Jackson, Mississippi. Foi adoptada cunha semana de vida e chamada Audrey Faith Perry. Creceu na cidade veciña de Star, 20 millas ás aforas de Jackson.[1] Os seus pais adoptivos, Edna e Ted Perry,[2] criárona cos seus dous fillos biolóxicos nun ambiente de devoción cristiá.[3]

Comezou a cantar na igrexa da cidade e con dezanove anos foi a Nashville para comezar unha carreira como cantante country.[4] Traballou no despacho do cantante e compositor Gary Morris, en Nashville. Morris converteuse logo no seu coprodutor.[5]

Hill lanzou os álbuns Take me as I am (1993), It Matters to Me (1995), Faith (1998), Breathe (1999), Cry (2002) e Fireflies (2005) e vendeu preto de 40 millóns de copias en todo o mundo, conseguindo oito sinxelos e tres álbums número un na Billboard Hot Country Songs.[6] Gañou premios como os Grammy Awards, Academy of Country Music, Country Music Association, American Music Awards e People's Choice Awards. A xira Soul2Soul II Tour, con Tim McGraw, foi a de maior asistencia na historia da música country, e a primeira das cinco mellores entre todos os xéneros musicais.

En 2001, gravou a canción "There You'll Be" para a banda sonora do filme Pearl Harbor. No mesmo ano foi considerada a primeira das "30 Mulleres Máis Poderosas de América" polo Ladies Home Journal.

En 2004, participou no filme As mulleres perfectas, interpretando a personaxe de Sarah.[7]

Dende 2007, Hill era a cantante da abertura do Sunday Night Football, polo canal NBC, mais en abril de 2013 anunciou que non sería máis a cantante da abertura. Na súa despedida en Twitter non dixo os motivos da súa saída, mais si que estaba triste por deixalo.[8]

Vida privada[editar | editar a fonte]

Está casada co tamén cantante country Tim McGraw, co que ten tres fillas.[4]

Discografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Malone, Bill C. (1 de novembro de 2002). Country Music, U.S.A.: Second Revised Edition. University of Texas Press. p. 433. ISBN 978-0-292-75262-7. Consultado o 13 de febreiro de 2014. [Ligazón morta]
  2. "Faith Hill Biography". People. Time Inc. Consultado o 15 de febreiro de 2014. 
  3. "Interview with Faith Hill and Tim McGraw". Larry King Live. CNN. 21 de abril de 2006. Consultado o 13 de febreiro de 2014. 
  4. 4,0 4,1 "Interview with Faith Hill and Tim McGraw". Larry King Live, CNN. 21 de abril de 2006. Consultado o 5 de novembro de 2014. 
  5. Faith Hill. Infobase Learning. 15 de novembro de 2012. p. 18. ISBN 978-1-4381-4095-7. Consultado o 5 de novembro de 2014. 
  6. "Faith Hill Performer Songbooks". singers.com. Consultado o 5 de novembro de 2014. 
  7. Susman, Gary. "Act of Faith". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2014. Consultado o 5 de novembro de 2014. 
  8. "Faith Hill to sing 'Sunday Night Football' theme". NBC Sports. 30 de agosto de 2007. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2008. Consultado o 5 de novembro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]