Faith Hill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Faith Hill
Faith Hill.jpg
Nacemento 21 de setembro de 1967
  Ridgeland
Nacionalidade Estados Unidos de América
Educada en Hinds Community College
Ocupación cantante e autor-compositor
Cónxuxe Tim McGraw
editar datos en Wikidata ]

Audrey Faith Perry, nada en Jackson (Mississippi) o 21 de setembro de 1967 é unha cantante estadounidense máis coñecida como Faith Hill.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hill naceu en Ridgeland, Mississippi, ao norte de Jackson, Mississippi. Foi adoptada cunha semana de vida e chamada Audrey Faith Perry. Creceu na cidade veciña de Star, 20 millas ás aforas de Jackson.[1] Os seus pais adoptivos, Edna e Ted Perry,[2] criárona cos seus dous fillos biolóxicos nun ambiente de devoción cristiá.[3]

Comezou a cantar na igrexa da cidade e con dezanove anos foi a Nashville para comezar unha carreira como cantante country.[4] Traballou no despacho do cantante e compositor Gary Morris, en Nashville. Morris converteuse log no seu coprodutor.[5]

Hill lanzou os álbuns Take me as I am (1993), It Matters to Me (1995), Faith (1998), Breathe (1999), Cry (2002) e Fireflies (2005) e vendeu preto de 40 millóns de copias en todo o mundo, conseguindo oito sinxelos e tres álbums número un na Billboard Hot Country Songs.[6] Gañou premios como os Grammy Awards, Academy of Country Music, Country Music Association, American Music Awards e People's Choice Awards. A xira Soul2Soul II Tour, con Tim McGraw, foi a de maior asistencia na historia da música country, e a primeira das cinco mellores entre todos os xéneros musicais.

En 2001, gravou a canción "There You'll Be" para a banda sonora do filme Pearl Harbor. No mesmo ano foi considerada a primeira das "30 Mulleres Máis Poderosas de América" polo Ladies Home Journal.

En 2004, participou no filme As mulleres perfectas, intepretando a personaxe de Sarah.[7]

Dende 2007, Hill era a cantante da abertura do Sunday Night Football, polo canal NBC, mais en abril de 2013 anunciou que non sería máis a cantante da abertura. Na súa despedida en Twitter non dixo os motivos da súa saída, mais si que estaba triste por deixalo.[8]

Vida privada[editar | editar a fonte]

Está casada co tamén cantante country Tim McGraw, co que ten tres fillas.[4]

Discografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Malone, Bill C. (1 de novembro de 2002). Country Music, U.S.A.: Second Revised Edition. University of Texas Press. p. 433. ISBN 978-0-292-75262-7. Consultado o 13 de febreiro de 2014. 
  2. "Faith Hill Biography". People. Time Inc. Consultado o 15 de febreiro de 2014. 
  3. "Interview with Faith Hill and Tim McGraw". Larry King Live. CNN. 21 de abril de 2006. Consultado o 13 de febreiro de 2014. 
  4. 4,0 4,1 "Interview with Faith Hill and Tim McGraw". Larry King Live, CNN. 21 de abril de 2006. Consultado o 5 de novembro de 2014. 
  5. Faith Hill. Infobase Learning. 15 de novembro de 2012. p. 18. ISBN 978-1-4381-4095-7. Consultado o 5 de novembro de 2014. 
  6. "Faith Hill Performer Songbooks". singers.com. Consultado o 5 de novembro de 2014. 
  7. Susman, Gary. "Act of Faith". Entertainment Weekly. Consultado o 5 de novembro de 2014. 
  8. "Faith Hill to sing 'Sunday Night Football' theme". NBC Sports. 30 de agosto de 2007. Arquivado dende o orixinal o 7 de setembro de 2012. Consultado o 5 de novembro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Brown, Jim; Sparrow, Susan (2002). Faith Hill & Tim McGraw: Soul 2 Soul. Quarry Music Books. ISBN 1-55082-293-4. 
  • Gray, Scott (1999). Perfect Harmony: the Faith Hill & Tim McGraw Story (1st ed.). Ballantine Books. ISBN 0-345-43412-9. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]