Loretta Lynn
Loretta Lynn, nada como Loretta Webb en Butcher Hollow (Kentucky) o 14 de abril de 1932 e finada en Hurricane Mills (Tennessee) o 4 de outubro de 2022,[1][2] foi unha cantante e compositora de música country e filántropa estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi a primeira filla do matrimonio formado por Melvin Theodore Webb, mineiro dunha mina de carbón e agricultor,[3] e Clara Marie Ramey Lynn, de ascendencia cherokee, aínda que non recoñecida pola tribo. Casou aos 15 anos, foi nai e pouco despois mudouse ao estado de Washington co seu marido, Oliver Lynn. O seu matrimonio foi tumultuoso, el tivo amantes e ela era moi impetuosa; todas estas experiencias xuntas foron a súa inspiración para a música.
Cando tiña 21 anos, o seu marido regaloulle unha guitarra. Lynn aprendeu a tocar a guitarra e fixo a súa primeira gravación ao ano seguinte. Comezou a ser parte da escena country de Nashville (Tennessee) na década de 1960, e en 1967 conseguiu o primeiro nº 1 dos dezaseis que acadou (de entre as 70 cancións da listaxe como artista en solitario e dueto), entre as que destacan "Don't Come Home A-Drinkin' (With Lovin' on Your Mind)", "You Ain't Woman Enough", "Fist City" e "Coal Miner's Daughter".[4]
No ano 1972 gravou a canción "The pill", escrita por Lorene Allen, Don McHan, T. D. Bayless e Loretta Lynn. Esta canción fala, con toques cómicos, do control da natalidade e do uso da pílula anticonceptiva. Foi retida pola súa discográfica ata que se publicóu no ano 1975, sendo o primeiro sinxelo de Lynn ese ano, no álbum Back to Country. A anticoncepción era un tema arriscado a tratar naquela época e aínda máis na música country, polo que varias emisoras de radio negáronse a emitila.[5] Porén, tivo máis sona e atención fóra do ámbito country que ningún dos discos que gravara antes dese. Converteuse no seu sinxelo pop máis vendido, acadando o número 70 na lista Hot 100, e foi número 1 no Canadá e o número 2 nos Estados Unidos.[6]
Nunha entrevista para a revista Playgirl, Lynn contou que, tras do éxito da canción, varios médicos rurais felicitárona e lle dixeron que "The pill" fixera máis por espallar a dispoñibilidade de métodos anticonceptivos en zonas rurais illadas que toda a literatura que publicaran.[7] Tratouse dunha postura liberal pouco habitual por parte de Lynn, xa que era unha cristiana conservadora e procuraba evitar posturas sociopolíticas abertas na súa música sempre que podía.[8]
En 1980 rodouse o filme Coal Miner's Daughter, que relata a vida adolescente e os seus inicios na música. Loretta Lynn foi interpretada pola actriz Sissy Spacek quen gañou o Oscar á mellor actriz pola súa interpretación.[9]
Lynn recibiu moitos premios e outros galardóns polo seu papel innovador na música country, incluídos premios da Asociación da Música Country e da Academia da Música Country (ACM) como compañeira de dúo e como artista individual. Foi nomeada dezaoito veces aos premios Grammy e gañou tres.[10] En 2022, Lynn foi a artista feminina de música country máis premiada e a única artista feminina da ACM da Década (a década de 1970). Lynn conseguiu vinte e catro sinxelos de éxito número un e once álbums número un. Puxo fin a 57 anos de xiras na estrada tras sufrir un derramo cerebral en 2017 e rachar a cadeira en 2018[11].
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]- Loretta Lynn Sings (1963)
- Before I'm Over You (1964)
- Songs from My Heart.... (1965)
- Blue Kentucky Girl (1965)
- Mr. and Mrs. Used to Be (with Ernest Tubb) (1965)
- Hymns (1965)
- I Like 'Em Country (1966)
- You Ain't Woman Enough (1966)
- Country Christmas (1966)
- Don't Come Home a Drinkin' (With Lovin' on Your Mind) (1967)
- Singin' Again (with Ernest Tubb) (1967)
- Singin' with Feelin' (1967)
- Who Says God Is Dead! (1968)
- Fist City (1968)
- Your Squaw Is on the Warpath (1969)
- If We Put Our Heads Together (with Ernest Tubb) (1969)
- Woman of the World/To Make a Man (1969)
- Here's Loretta Singing "Wings Upon Your Horns" (1970)
- Coal Miner's Daughter (1971)
- We Only Make Believe (with Conway Twitty) (1971)
- I Wanna Be Free (1971)
- You're Lookin' at Country (1971)
- Lead Me On (with Conway Twitty) (1972)
- One's on the Way (1972)
- God Bless America Again (1972)
- Here I Am Again (1972)
- Entertainer of the Year (1973)
- Louisiana Woman, Mississippi Man (with Conway Twitty) (1973)
- Love Is the Foundation (1973)
- Country Partners (with Conway Twitty) (1974)
- They Don't Make 'Em Like My Daddy (1974)
- Back to the Country (1975)
- Feelins' (with Conway Twitty) (1975)
- Home (1975)
- When the Tingle Becomes a Chill (1976)
- United Talent (with Conway Twitty) (1976)
- Somebody Somewhere (1976)
- I Remember Patsy (1977)
- Dynamic Duo (with Conway Twitty) (1977)
- Out of My Head and Back in My Bed (1978)
- Honky Tonk Heroes (with Conway Twitty) (1978)
- We've Come a Long Way, Baby (1979)
- Diamond Duet (with Conway Twitty) (1979)
- Loretta (1980)
- Lookin' Good (1980)
- Two's a Party (with Conway Twitty) (1981)
- I Lie (1982)
- Making Love from Memory (1982)
- Lyin', Cheatin', Woman Chasin', Honky Tonkin', Whiskey Drinkin' You (1983)
- Just a Woman (1985)
- Who Was That Stranger (1988)
- Honky Tonk Angels (con Dolly Parton e Tammy Wynette) (1993)
- Making More Memories (1994)
- All Time Gospel Favorites (1997)
- Still Country (2000)
- Van Lear Rose (2004)
- Full Circle (2016)
- White Christmas Blue (2016)
- Wouldn't It Be Great (2018)
- Still Woman Enough (2021)
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]Lynn escribiu mais de cento sesenta cancións e publicou sesenta álbums. Foi número un en dez álbums e en dezaseis sinxelos nas listaxes de country. Lynn gañou tres premios Grammy, sete American Music Awards, oito Broadcast Music Incorporated, catorce Academy of Country Music, oito Country Music Association e vinte e seis Music City News, outorgados polos fans. Lynn segue sendo a muller máis premiada na historia da música country.[12] [13] Foi a primeira muller na música country en recibir un disco de ouro certificado por Don't Come Home a' Drinkin (With Lovin' on Your Mind) en 1967.[14]
En 1972, Lynn foi a primeira muller nomeada «artista do ano» pola Country Music Association. En 1980, foi a única muller nomeada «Artista da década» dos setenta pola Academia da Música Country. Lynn ingresou no Salón da Fama da Música Country en 1988 e no Salón da Fama da Música Country Gospel en 1999, e en 2003 obtivo o Kennedy Center Honors, un premio outorgado polo Presidente dos Estados Unidos. Lynn ocupa o posto sesenta e cinco na lista da VH1's 100 Greatest Women of Rock & Roll e foi a primeira artista country feminina en recibir unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood en 1977. En 1994, recibiu o premio como pioneira da música country da Academia da Música Country.[15]No ano 2001, «Coal Miner's Daughter» foi incluída entre as «100 cancións máis senlleiras do século XX» de NPR. En 2002, Lynn ocupou o posto número 3 entre as mulleres vivas no especial da CMT sobre as 40 mulleres máis importantes da música country.[16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hall, Kristin M. (4 de outubro de 2022). "Loretta Lynn, coal miner's daughter and country queen, dies". The Washington Post (Washington, D.C.). ISSN 0190-8286. OCLC 1330888409.
- ↑ Morris, Chris (4 de outubro de 2022). "Loretta Lynn, Feisty First Lady of Country Music, Dies at 90". The Hollywood Reporter. Arquivado dende o orixinal o 4 de outubro de 2022.
- ↑ "Loretta Lynn. The Most Awarded Lady In Country Music History.". Loretta Lynn (en inglés). Consultado o 2025-02-09.
- ↑ Loretta Lynn at CMT.com.
- ↑ Chow, Andrew R. (2022-10-04). "Country Radio Still Won’t Play Loretta Lynn’s “The Pill”". TIME (en inglés). Consultado o 2025-05-01.
- ↑ Benitez-Eves, Tina (2022-06-26). "Revisiting the Meaning of Loretta Lynn's 1975 Women's Reproductive Rights Song “The Pill”". American Songwriter (en inglés). Consultado o 2025-05-01.
- ↑ Wilson, Carl (2022-10-04). "Loretta Lynn Pioneered Her Own Kind of Feminism". Slate (en inglés). ISSN 1091-2339. Consultado o 2025-05-01.
- ↑ "Loretta Lynn Quotes". BrainyQuote (en inglés). Consultado o 2025-05-01.
- ↑ "The 53rd Academy Awards -1981". www.oscars.org (en inglés). 2014-10-05. Consultado o 2025-04-19.
- ↑ "Watch highlights from the 2025 GRAMMYs, including full GRAMMY performances, GRAMMY acceptance speeches, and red carpet interviews, here on GRAMMY.com - GRAMMY.com". grammy.com. Consultado o 2025-02-23.
- ↑ Thanki, Juli. "Loretta Lynn hospitalized after stroke". USA TODAY (en inglés). Consultado o 2025-02-23.
- ↑ Knight, Christina (2016-01-11). "Loretta Lynn: Still A Mountain Girl ~ About the Film - American Masters - PBS" (en inglés). Consultado o 2025-03-03.
- ↑ "Steve Smith: Is Rush done after Peart’s retirement; Ringo’s memorabilia fetches record prices". Daily News (en inglés). 2015-12-11. Consultado o 2025-03-03.
- ↑ "Today: Happy birthday Loretta Lynn - Johanna's Visions". web.archive.org. 2014-04-15. Archived from the original on 15 de abril de 2014. Consultado o 2025-03-03.
- ↑ "Platinum Heart Awards". web.archive.org. 2011-07-08. Archived from the original on 08 de xullo de 2011. Consultado o 2025-03-03.
- ↑ "The Story Behind Loretta Lynn's 'Coal Miner's Daughter'". NPR (en inglés). Consultado o 2025-03-05.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Loretta Lynn |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dawidoff, N. (1998): In The Country of Country: A Journey to the Roots of American Music. Vintage Books. ISBN 978-0-375-70082-X
- Dogget, P. (2001): Are You Ready for the Country: Elvis, Dylan, Parsons and the Roots of Country Rock. Penguin Books. ISBN 978-0-14-026108-7
- Feiler, B. (1998): Dreaming Out Loud: Garth Brooks, Wynonna Judd, Wade Hayes and the changing face of Nashville. Avon Books. ISBN 978-0-380-97578-5