Xoana de Habsburgo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXoana de Habsburgo

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Juana de Austria Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Joana d'Habsburg i de Portugal Editar o valor em Wikidata
24 de xuño de 1535 Editar o valor em Wikidata
Madrid Editar o valor em Wikidata
Morte7 de setembro de 1573 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
Mosteiro do Escorial Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaFunerary chapel of Joanna of Austria, Princess of Portugal (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rexente
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña
Reino de Portugal Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaCompañía de Xesús Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloArquiduquesa (pt) Traducir
Príncipe herdeiro de Portugal (pt) Traducir
Infante de España
Princesa Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Habsburgo Editar o valor em Wikidata
CónxuxeJoão Manuel, Príncipe de Portugal (1552 (Gregoriano)–)
FillosSebastián I de Portugal Editar o valor em Wikidata
PaisCarlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico Editar o valor em Wikidata  e Sabela de Portugal, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico Editar o valor em Wikidata
IrmánsMaría de Habsburgo, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico, Isabel of Castile (en) Traducir, Margarida de Parma (pt) Traducir, Filipe II de España, Xoán de Austria e Infante Fernando of Austria (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Habsburg-113

Xoana de Habsburgo, nada en Madrid o 27 de xuño de 1536 e finada en El Escorial o 7 de setembro de 1573, foi arquiduquesa de Austria e Princesa consorte de Portugal, cuarta filla do casamento do emperador Carlos V con Sabela de Portugal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O 11 de xaneiro de 1552, con dezaseis anos, casou en Toro co herdeiro do trono de Portugal, o Príncipe Xoán Manuel, o cal contaba soamente quince anos. Deste matrimonio naceu o futuro rei Sebastián I de Portugal.

Enviuvou a principios de 1554, e deu a luz ao fillo poucos días despois, confiando a educación do fillo, con só tres meses, á súa sogra Catarina de Austria (que era tamén súa tía). Unha vez en Castela asumiu o cargo de rexente desa coroa durante a ausencia de Carlos V, así como o seu irmán, Filipe II, que se atopaba de viaxe polos Países Baixos e por Inglaterra, onde viría a casar con María Tudor.

Enérxica, soubo rodearse de persoas da súa confianza, moitas das cales de orixe portuguesa, que partiran para Castela no séquito da súa nai, a emperatriz Sabela de Portugal (como o futuro Príncipe de Eboli, Rui Gomes da Silva, o cal viría a ser unha das figuras cumes, a par da infanta, do "partido ebolista", un dos principais grupos que se digladiaram na corte de Filipe II - por oposición ao dos albistas, ligados a Fernando Álvarez de Toledo y Pimentel, o Duque de Alba - o cal se caracterizou pola súa tolerancia e conciliación, sobre todo en termos relixiosos). Desa forma, a súa rexencia caracterízase polo aparente triunfo da facción máis moderada dentro da corte de Filipe II.

En 1557 ou 1559, por impulso do confesor, San Francisco de Borxa fundou en Madrid o mosteiro de Santa Clara coñecido como convento das Descalzas Reales de la Orde de Santa Clara, onde se encerrou máis tarde, e fundou en Alcalá o Real Colexio de Santo Agostiño. Xoana tiña aínda amizade con Santo Ignacio de Loyola. Din que entrou na Orde, -a única muller que xamais o fixo -, como "xesuíta secreta".

En 1559, retírase da política activa, aínda que continúe a ser unha das mentoras da facción ebolista. A súa desaparición, en 1573, pronto seguido polo do príncipe de Eboli, ditou o fin da relativa tolerancia que até entón tiña vivido. O seu sepulcro, obra de Pompeo Leoni, que traballaba no Escorial, está no convento das Descalzas (Madrid).