Espazos protexidos de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parque Nacional de Peneda-Gerês, o único parque nacional en Portugal.

As áreas protexidas de Portugal son as áreas protexidas deste país e cunha lexislación que regula a protección ambiental á que están suxeitas e actividades humanas permitidas nelas. O conxunto de espazos protexidos portugueses forman a Rede Nacional de Áreas Protexidas (RNAP), que en 2020 estaba composta por 32 áreas protexidas nacionais, 14 áreas rexionais ou local e un espazo privado.[1][2]

As áreas protexidas regúlaas o Decreto-Lei n.º 142/2008.[2][3]

Ademais, Portugal acóselle a proxectos internacionais como a Rede Natura 2000 europea, a convención de Ramsar, os xeositios e Reservas da biosfera da UNESCO.

Clasificación[editar | editar a fonte]

No 1993 o Decreto-Lei n.º 19/93 creou seis tipos de áreas protexidas.[4] Estas foron ampliadas polo Decreto-Lei n.º 142/2008, que creou ademais a 'Rede Nacional de Áreas Protegidas (RNAP).[3] Ese decreto regulou os espazos naturais creando figuras de ámbito estatal, rexional e local e privado. [3][2]

As categorías que considera a lexislación son:

  • De ámbito nacional
    • Parque nacional
    • Parque natural
    • Reserva natural
    • Monumento natural
    • Paisaxe protexida
    • Lugares de interese biolóxico
  • De ámbito rexional ou local:
    • Parque natural rexional
    • Reserva natural local
    • Paisaxe protexida local
    • Área protexida privada

Áreas protexidas de ámbito nacional[editar | editar a fonte]

Parque nacional[editar | editar a fonte]

Estas son areas pouco alteradas pola humanidade, con rexións naturais características, paisaxes naturais pouco humanizadas, lugares xeomorfolóxicos de interese ou hábitats de especies con interese de conservación, científico ou educativo. Son áreas do nivel II do sistema de clasificación da IUCN. A motivación é a conservación da integridade ecolóxica dos seus ecosistemas e evitar a súa degradación.[2]

Só existe un parque nacional en Portugal, que é o:

Parque nacional
Parque Nacional de Peneda-Gerês

Parque natural[editar | editar a fonte]

Son áreas que se caracterizas por conter paisaxes naturais, seminaturais e humanizadas, de interese nacional. Enténdense como exemplos de integración harmoniosa da actividade humana e da natureza e que conserva biomas ou rexións de interese.[2]

Existen 13 parques naturais de ámbito nacional:

Parques naturais
Parque Natural de Montesinho
Parque Natural do Litoral Norte
Parque Natural do Alvão
Parque Natural do Douro Internacional
Parque Natural da Serra da Estrela
Parque Natural do Tejo Internacional
Parque Natural das Serras de Aire e Candeeiros
Parque Natural da Serra de São Mamede
Parque Natural de Sintra-Cascais
Parque Natural da Arrábida
Parque Natural do Sudoeste Alentejano e Costa Vicentina
Parque Natural do Vale do Guadiana
Parque Natural da Ria Formosa

Reserva natural[editar | editar a fonte]

Reserva Natural das Berlengas

Son zonas limitadas onde se procura evitar calquera alteración dos ecosistemas tal que afecten ao seu estado. O territorio das reservas naturais destínanse, regulandoos, á protección e conservación da flora e fauna e os seus hábitats, así como as paisaxes.[2]

Parques naturais
Reserva Natural das Dunas de São Jacinto
Reserva Natural da Serra da Malcata
Reserva Natural do Paul de Arzila
Reserva Natural das Berlengas
Reserva Natural do Paul do Boquilobo
Reserva Natural do Estuário do Tejo
Reserva Natural do Estuário do Sado
Reserva Natural das Lagoas de Santo André e da Sancha
Reserva Natural do Sapal de Castro Marim e Vila Real de Santo António

Paisaxe protexida[editar | editar a fonte]

Son áreas con paisaxes naturais, seminaturais e humanizadas de interese tanto rexional como local, que son froito da interacción da sociedade coa natureza e que resultou en figuras de gran valor estético ou natural.[2]

Paisaxes protexidas
Paisaxe Protexida da Serra do Açor
Paisaxe Protexida da Arriba Fóssil da Costa de Caparica

Monumento natural[editar | editar a fonte]

Esta figura acolle a figuras ou espazos naturais que se caracterizan por ser singulares, raros ou representativos en termos ecolóxicos, estéticos, científicos ou culturais. Recoñecéselle a necesidade de ser conservados e mantidos na súa totalidade.[2]

Monumentos naturais
Monumento Natural do Cabo Mondego
Monumento Natural das Portas de Ródão
Monumento Natural das Pegadas de Dinossáurio de Ourém - Torres Novas
Monumento Natural de Carenque
Monumento Natural da Pedra da Mua
Monumento Natural dos Lagosteiros
Monumento Natural da Pedreira do Avelino

Áreas protexidas de ámbito rexional ou local[editar | editar a fonte]

Outras áreas protexidas de ámbito rexional ou local definíronse polo decreto-lei 19/93 de 23 de xaneiro, como é o caso dalgunhas paisaxes protexidas; ou polo decreto-lei n.º 142/2008, de 24 de xullo, como os parques naturais, reservas naturais, algunhas paisaxes naturais e áreas protexidas de ámbito privado.[2]

Paisaxe protexida rexional[editar | editar a fonte]

Paisaxes protexidas
Paisaxe protexida da Albufeira do Azibo[5]
Paisaxe protexida do Corno do Bico[5]
Paisaxe protexida das Lagoas de Bertiandos e São Pedro dos Arcos[5]
Paisaxe protexida da Serra de Montejunto[5]
Paisaxe protexida rexional do Litoral de Vila do Conde e Reserva Ornitológica de Mindelo
Paisaxe protexida rexional da Serra da Gardunha

Parque natural rexional[editar | editar a fonte]

Paisaxes naturais rexionais
Parque Natural Rexional do Vale do Tua

Reserva natural local[editar | editar a fonte]

Reservas naturais locais
Reserva Natural Local do Paul de Tornada
Reserva Natural Local do Estuario do Douro

Paisaxe protexida local[editar | editar a fonte]

Paisaxe protexida local
Paisaxe protexida local do Açude da Agolada
Paisaxe protexida local do Açude do Monte da Barca
Paisaxe protexida local da Rocha da Pena
Paisaxe protexida local da Fonte Benémola
Paisaxe protexida local das Serras do Socorro e Archeira

Área Protegida de âmbito privado[editar | editar a fonte]

Áreas protexidas privadas
Reserva da Faia Brava

Localización[editar | editar a fonte]

As áreas protexidas de Portugal distribúense no territorio deste xeito:

   
  Peneda-Gerês
Corno do Bico Montesinho
Lagoa de Bertiandos e São Pedro de Arco Albufeira de Azibo
Litoral norte Alvão
Dunas de São Jacinto Douro Internacional
Paul de Arzila  
Montes de Santa Olaia e Ferrestelo Serra da Estrela
Serras de Aire e Candeeiros Serra da Malcata
Monte de São Bartolomeu Serra do Açor
Berlengas Tejo internacional
Serra de Montejunto Ourém - Torres Novas
C. Lapiaz da Granja dos Serrões Paul do Boquilobo
Granja dos Serrões e Negrais Serra de São Mamede
  Açude da Agolada
Sintra-Cascais Centro Histórico de Coruche
Carenque Açude do Monte da Barca
Arriba Fóssil da C. Caparica Estuário do Tejo
Pedreira do Avelino Estuario do Sado
Lagosteiros Lagoa de St. André e Sancha
Pedra da Mua Vale do Guadiana
Gruta do Zambujal Fonte Benémola
Arrábida S.C. Marim-V.R.S. António
Sudoeste Alentejano e Costa Vicentina Ría Formosa
  Rocha da Pena e Fonte Benémola

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Direçao geral do Território, República Portuguesa, eds. (6 de xullo 2018). PNPOT - Alteração: Diagnóstico (PDF). Arquivado dende o orixinal (pdf) o 08 de marzo de 2021. Consultado o 12 de xullo de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 ICFN - Instituto da Conservação da Natureza e das Florestas. "Rede Nacional de Áreas Protegidas". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2020. Consultado o 12 de xullo de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Ministério do Ambiente, do Ordenamento do Território e do Desenvolvimento Regional (2008-07-24). "Decreto-Lei n.º 142/2008". Diário da República. serie I (n.º 142/2008): 4596 – 4611. 
  4. Ministério do Ambiente e Recursos Naturais (1993-01-23). República Portuguesa, eds. "Decreto-Lei n.º 19/93". Diário da República. Série I-A (n.º 19/1993): 271 – 277. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Definida polo Decreto-Lei de 23 de xaneiro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]