Españolada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mary, la españolita, prototipo do mito romántico de España, recuperado por Franz von Stuck en 1916.

Españolada é un termo despectivo[1] para se referir, dende un punto de vista esaxerado, ao que se entende como tipicamente español[2]. O estereotipo máis frecuente reduce a diversidade de culturas e tradicións do ámbito hispánico ao tópico da realidade andaluza.[3]

Historia e características[editar | editar a fonte]

Esta deformación da imaxe de España ten a súa orixe no século XIX, cando o Romanticismo puxo de moda o mito español,[4] provocando unha peregrinación de escritores europeos, primeiro ingleses e despois e sobre todo franceses, entre eles ambos os dous Alexandre Dumas, Théophile Gautier, Victor Hugo ou Prosper Merimée, cuxa obra Carmen, foi considerada por Francisco Ayala, como o berce da España mítica, territorio exótico e diferenciado con respecto a Europa.[5]

Algunhas obras de artistas do costumismo romántico andaluz teceu o conxunto de tópicos arredor de Andalucía (bandoleiros, xitanos, toureiros, bailaores, tonadilleras etc).[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Diccionario de la lengua española - Real Academia Española". dle.rae.es (en castelán). Consultado o 30 de marzo de 2018. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Españolada.
  3. Los tópicos de la españolada, El País, 4 de decembro de 2009 (en castelán).
  4. Reivindicar el costumbrismo, VV.AA., revista Ínsula, 637, 24 de setembro de 2016 (en castelán).
  5. La españolada cinematográfica a estudio, Culturamas, 18 de febreiro de 2010 (en castelán).
  6. }Historia de la pintura sevillana, Enrique Valdivieso, Ed. Guadalquivir, 1992 ISBN 84-86080-76-2 (en castelán).