Escudo do Reino de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Escudo do Reino de Galiza")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Escudo do Reino de Galicia
Coat of Arms of Galicia (Spain), 16th Century.svg
Detalles
ArmigerReino de Galicia
EscudoCáliz de ouro (Santo Graal) en campo de azur, acompañado de cruces de ouro

O escudo do reino de Galiza foi un escudo de representación variable ó longo dos séculos, que representaba ó reino de Galiza.

Orixe anglonormanda[editar | editar a fonte]

Escudo do reino de Galiza ilustrado no L´armorial Le Blancq. Bibliothèque nationale de France. 1560.

Durante os séculos XII e XIII, o desenvolvemento das armas reais por toda Europa e a adopción de símbolos para familias nobres e dominios patrimoniais como reinos, ducados e condados, levou á creación de armoriais; rexistros das armas que representaban aos reis da época. No caso do reino de Galiza no entanto, aconteceu o curioso feito de que cando a moda dos armoriais comezou a espallarse por Europa (finais do século XIII), o reino de Galiza xa non era independente, e carecía de rei propio, pois desde o ano 1230, o rei castelán Fernando III usurpara a coroa de Galiza e León, ás súas medias irmás.[1]

Esta circunstancia política explicaría a posible ausencia das armas de Galiza (o legio fortis ou león púrpura da monarquía galego-leonesa) nos armoriais europeos, porén a longa existencia do reino de Galiza e a súa relevancia histórica debían facer impensable a non aparición dunhas armas de Galiza, sendo probablamente o factor que levou a que o autor do armorial inglés coñecido como Segar´s Roll, realizado no ano 1282, asignase unhas armas figurativas ao rei de Galiza -roy de Galyce- que non obstante non eran empregadas por rei ningún, xa que Galiza deixara de posuír reis propios dende había 50 anos.

Para ilustrar as armas do rei de Galiza, o autor -que debía descoñecer a existencia previa do león- debeu botar man dunha práctica común que consistía en realizar unha sinxela ecuación fonética, neste caso Galyce (Galiza) e Calice (Cáliz) que se dá na lingua anglonormanda, asignándolle ao "rei de Galiza" as armas dun cáliz ou copón, con significado soamente heráldico e non relixioso. Baseados no Segar´s Roll, a partir de entón os diferentes armoriais europeos comezaron a asignar o cáliz como emblema do reino.

Desde ese momento, o reino de Galiza adquiría unhas armas propias, diferentes ao resto de territorios da monarquía galego-leonesa (León, Estremadura e Asturias), e que chegarían a ser aceptadas e reivindicadas no propio reino.

Adopción das armas no reino de Galiza[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Elías e Pércopo. El Reino de Galicia hasta 1700, Volume 1. ed. Galaxia, pax. 67. p. 67. (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.