Escudo de Redondela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo de Redondela.

O escudo da vila de Redondela foi aprobado o 2 de outubro de 2014, e atópase regulado polo Decreto 129/2014 do mesmo ano.[1]. A descrición do escudo, tal e coma se recolle na norma que o regula, e conforme ao aprobado pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, é a seguinte:

De azur (azul), a letra R de ouro (amarelo), posta no centro, e acompañada de tres vieiras, tamén de ouro, dúas no xefe e unha na punta. Ao timbre, coroa real pechada.

Historia[editar | editar a fonte]

O concello de Redondela é un dos últimos da Provincia de Pontevedra en aprobar un decreto que regulase a súa heráldica, ao aprobar o decreto que regula o seu escudo no ano 2014. Ademais, non conta con ningunha bandeira oficial regulamentada.[2]

Malia non contar con simboloxía oficial, tradicionalmente veuse empregando un escudo oficioso para representar ao concello nas institucións, documentos, elementos públicos ou actos. Este escudo non oficial, empregado até a aprobación do vixente no ano 2014, diferenciábase do actual na cor do fondo, que neste caso era branco.

Os primeiros vestixios do escudo datan do ano 1700, na fachada dunha vivenda na rúa Isidoro Queimaliños. Tamén na bóveda da Igrexa de Santiago de Redondela pódese observar a representación gráfica do tradicional escudo.[3]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Decreto 129/2014, do 2 de outubro, polo que se aproba o escudo do Concello de Redondela" (PDF). Diario Oficial de Galicia n.º 195 de 13 de outubro de 2014 (Xunta de Galicia): 44.030–44.031. ISSN 1130-9229. 
  2. Deputación de Pontevedra (ed.). "Heráldica municipal". .
  3. La Voz de Galicia (ed.). "La Xunta aprueba el escudo oficial y la bandera de Redondela". Consultado o 1 de abril de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]