O escudo de Güiana é un dos símbolos oficiais do país, e foi adoptado oficialmente o 25 de febreiro de 1966. Inclúe unha crista de plumas amerindias, que simbolizan os poboadores indíxenas do país. A coroa de plumas tamén é chamada Coroa do Cacique. A ámbolos lados da coroa hai dous diamantes, que representan a industria da minaría. Debaixo da coroa hai un helmo, que é un símbolo monárquico. Dous xaguares son os alicerces que sosteñen un pico, unha cana de azucre e outra de arroz.