Saltar ao contido

Escudo Canadense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Escudo canadense»)
Modelo:Xeografía físicaEscudo Canadense
Imaxe
TipoEscudo Editar o valor en Wikidata
EpónimoCanadá Editar o valor en Wikidata
Parte deLaurentia Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 52°N 71°O / 52, -71
Características
Altitude2.616 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoPico Barbeau Editar o valor en Wikidata  (2.616 m Editar o valor en Wikidata )

O Escudo Canadense é unha unha vasta base de rocha que se estende desde os Grandes Lagos ata o océano Ártico, pasando polas rexións do norte de Saskatchewan, Manitoba, Ontario e o Quebec, así como a maior parte de Labrador, é dicir a parte continental da provincia de Terra Nova e Labrador. Ocupa o 49% da superficie do país.

Consiste principalmente en terreo erosionado e ondulado e contén moitos ríos importantes utilizados na produción de enerxía hidroeléctrica, particularmente no norte do Quebec e Ontario. O Escudo Canadense tamén rodea unha área de terras húmidas, os baixos da baía de Hudson. Algunhas rexións particulares do escudo están cubertas por cordilleiras que inclúen os montes Torgat e os montes Laurentinos.

A pesar de que non é posible a práctica da agricultura intensiva no Escudo Canadense, persiste a agricultura en menor escala e a silvicultura, e existen pequenas granxas nos vales fluviais e ao redor de lagos, particularmente en rexións do sur. Os bosques boreais cobren gran parte do Escudo, cunha variedade de coníferas que prové un importante recurso para a industria madeireira. Nesta rexión existen grandes reservas minerais.

O Escudo Canadense

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]