Escoto
Escoto | |
---|---|
Poboación | |
Poboación total: indeterminada | |
Rexións principais: | |
Illa de Irlanda | Terras Altas Occidentais de Escocia; posteriormente Escocia enteira |
Aspectos culturais | |
Grupos relacionados | Enfrontáronse aos pictos até que se fusionaron no Reino de Escocia (844). |
Escoto[1] refírese ao nome que os antigos romanos deron orixinalmente a unha tribo de colonos celtas da illa de Irlanda que viñan da Gran Bretaña romana. Estaban asentados nas Terras Altas Occidentais de Escocia e posteriormente estendérondose por toda Escocia durante os séculos IV e V, dando nome a esa nación. O seu nome foi substituído máis tarde polo termo "Gael", do celta Gaidheal/Gaedheal, que hoxe dá nome á súa lingua celta, o gaélico escocés.
As tribos bélicas dos escotos, xunto cos pictos e os misteriosos atticotti, causaron amplos problemas á administración romana da provincia da Britania, con violentas incursións e incursións. Cos romanos evacuando a illa e deixándoa nun estado de anomía e guerras endémicas, moitos escotos atopáronse co control das partes occidentais de Gran Bretaña, tras emigrar e colonizar as costas de Gales e Escocia.
Asentáronse a partir do s. VI na rexión occidental de Escocia onde formaron o reino de Dalriada. Enfrontáronse aos pictos até que se fusionaron os dous pobos e os seus territorios no Reino de Escocia, no 844.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "escoto -ta". DIGALEGO. Consultado o 2022-11-20.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Catelo
- Escocia
- Gaélico
- Gaels
- Gran Bretaña
- Illa de Irlanda
- Illas Británicas
- Pedra fadada
- Reino de Escocia
- Scotia
----
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |