Escola mutua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Joseph Lancaster, arredor de 1818.

As escolas mutuas foron un modelo educativo creado por Joseph Lancaster (1778-1838), quen deseñou un programa no que o propio alumnado se transmitía o coñecemento.

Características[editar | editar a fonte]

Cando o alumnado destas aulas acadaba unha certa idade convertíanse en mestres do grupo, e o mestre só tiña a función de vixiar e intervir cando dose necesario. Este tipo de escola xurdiu polo gran numero de alumnos que existía nesa época debido á escaseza de mestres. Nestas escolas mantíñase a disciplina a través de premios e castigos. Un dos motivos polos que foi coñecido o seu método foi porque se os alumnos transmitían ben a información ós seus compañeiros estes eran premiados. Porén este tipo de escola tivo moitas críticas xa que os seus logros eran mínimos e a disciplina era moi elevada para os alumnos desas idades. Tamén cabe destacar os castigos corporais que recibían os alumnos, aínda que a xente opina que prefire eses castigos e non someterse a educación lancasteriana.

Nun principio Lancaster fracasou o intentar incorporar este método a educación infantil, pero co tempo emigrou aos EUA e conseguiu fundar algunhas escolas. Este método alcanzou nos EUA a súa maior popularidade na primeira década do século XIX. No momento da súa morte (1838) había entre 1200 e 1500 escolas co seu modelo educativo. Pero a ensinanza de Lancaster presenta algunhas debilidades no seu sistema como:

  • Non era una método pedagóxico senón un sistema de organización dunha institución elemental.
  • As súas estratexias eran mecanicistas.
  • Non había interacción entre o alumnado nin do alumnado co profesorado.
  • Utilizábase a memorización mediante a repetición aínda que na maioría dos casos non se entendera o que se estaba a aprender.
  • Era un método masivo debido a que era barato.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]