Escola de amiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

As escolas de amigas ou de migas, xorden en Andalucía no século XVI. Tratábase dunhas escolas onde unha muller coidaba dos nenos do pobo mentres as súas nais estaban ocupadas en labores do campo ou do fogar. Non sempre coidaba aos nenos a mesma persoa senón que se turnaban entre elas, pero en caso de que existise unha muller incapacitada para outras tarefas sería a encargada fixa e cobraria polo seu traballo.

Mentres estaban nas migas, os nenos e nenas pasaban o día recitando oracións, cantando e, en ocasións, ensinábanselles as letras e os números. Porén, as migas non pretendían ter un carácter educativo xa que os nenos e nenas en canto podían axudar nas tarefas do campo deixaban de acudir a elas e incorporábanse ao traballo.

Este tipo de escola remata ca chegada da guerra civil e son substituídas polo "Auxilio Social", aínda que nalgúns lugares conservan o nome e as funcións. Remataron por converterse nunha escola para ensinarlle ás nenas cousas como costura, modais, relixión etc. pero non aprender a ler nin escribir.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]