Saltar ao contido

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Escola Superior de Arte Dramática»)
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
Navia Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Datas e cronoloxía
 Fundación
xuño de 2005 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Sede
 País
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
Facebook: esadgalicia Instagram: esadgalicia LinkedIn: esadgalicia BNE: XX4819031 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg) é un centro superior de ensinanzas artísticas de titularidade pública, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Ofrece as titulacións propias dos estudos superiores de arte dramática nas especialidades de Interpretación, Escenografía, Dirección escénica e Dramaturxia. Ten a súa sede na rúa Poza Cabalo de Navia, Vigo.

Existen numerosas escolas teatrais de ámbito galego que precederan á creación de ESADg. Entre elas, cabería destacar a Escola Rexional Galega de Declamación (1903), o Conservatorio Nazonal de Arte Galego (1919), a Escola Dramática Galega (1922) e, máis recentemente, a Escola Dramática Galega de 1978.[1]

A ESAD de Galicia foi inaugurada de xeito oficial en xuño de 2005 e rematou por recibir a actual denominación a comezos de 2006[2]. En setembro de 2005 comezaron as actividades lectivas coa apertura dos itinerarios de Interpretación Textual e de Dirección escénica. A estes percorridos engadiuse o de Dramaturxia en 2008 e o de Escenografía en 2009. A adaptación dos estudos ao Espazo Europeo de Educación Superior produciuse en 2010 e dous anos despois, en 2012, incorporouse o itinerario de Interpretación Xestual á oferta educativa do centro.

Ensinanzas

[editar | editar a fonte]

A ESAD de Galicia ofrece o Título Superior de Arte Dramática (equivalente para todos os efectos á titulación de Grao universitario), nas especialidades de Dirección escénica e dramaturxia, Escenografía, e Interpretación, tanto Textual como Xestual.

  1. F. Vieites, Manuel (2018). "A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia no sistema teatral galego. Ferramentas para unha análise". Galicia 21. 
  2. A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia foi creada mediante o Decreto 145/2005 o 2 de xuño de 2005 e publicado no Diario Oficial de Galicia o 6 de xuño dese mesmo ano.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]