Saltar ao contido

Título Superior de Arte Dramática

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As Ensinanzas Artísticas Superiores de Arte Dramática teñen como obxectivo xeral a formación cualificada de profesionais nos ámbitos da interpretación, a dirección escénica, a dramaturxia, a escenografía e aquelas áreas de coñecemento e investigación vinculadas con elas. A superación do período formativo dá lugar á obtención do Título Superior de Arte Dramática, seguido da especialidade que cursara o alumno.

Duración

[editar | editar a fonte]

Catro cursos académicos de 60 créditos cada un, cun total de 240 créditos ECTS.

Os créditos ECTS incorpóranse como unidade de medida que reflicten os resultados da aprendizaxe e o volume de traballo realizado polo estudante.

Requisitos de acceso

[editar | editar a fonte]
  • Estar en posesión do Título de Bacharel ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • Para os maiores de 19 anos de idade que non cumpren os requisitos anteriores, as Administracións educativas regulan e organizan unha proba que acredita que o aspirante posúe a madureza en relación cos obxectivos do bacharelato e os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarias para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas.
  • En ambos casos, é necesario superar a proba específica. A superación da proba faculta, unicamente, para matricularse no curso académico no que foi convocada.
  • Corresponde ás Administracións educativas, no seu ámbito competencial, a convocatoria, organización, desenvolvemento e avaliación da proba específica de acceso a estes estudos.
  • As Administracións educativas realizan, polo menos, unha convocatoria anual da proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática. Esta proba faculta, unicamente, para matricularse no curso académico para o que tivese sido convocada.
  • A superación desta proba específica permite acceder a calquera dos centros do Estado onde se cursan estas ensinanzas, sen prexuízo da dispoñibilidade de prazas dos mesmos.