Escleroloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A escleroloxía é un suposto método de diagnóstico da medicina alternativa consistente no estudo das marcas e liñas no branco dos ollos, en relación coa saúde e a patoloxía (a diferenza da iridoloxía, que estuda o iris). Segundo os seus partidarios, as escleróticas dos ollos mostran información significante sobre o estado actual de saúde do individuo. Os escépticos considérana unha pseudociencia.