Escamots Autònoms d'Alliberament

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Escamots Autònoms d'Alliberament é unha organización armada catalá que loita pola reunificación, a independencia e o socialismo nos Países Cataláns.

Apareceu a principios de 1994, pouco despois da autodisolución de Terra Lliure III Asemblea e pouco antes da autodisolución de Terra Lliure IV Asemblea. Os seus principios exprésanse nun libro de circulación restrinxida dende o cal animan os cidadáns cataláns a levaren a termo accións armadas pola liberación nacional dos Países Cataláns e que é tamén un manual para a fabricación de artefactos explosivos.

Relación de accións armadas[editar | editar a fonte]

  • Bomba incendiaria contra as oficinas do INEM (Barcelona, 2 de febreiro de 1994)
  • Artefacto explosivo conta as oficinas do INEM (Sabadell, 5 de febreiro de 1994)
  • Bomba incendiaria contra as oficinas do INEM (Barcelona, 22 de febreiro de 1994)
  • Artefacto explosivo contra os xulgados de Sabadell (26 de febreiro del 1994)
  • Cóctel molotov contra un concesionario Renault (Barberà del Vallès, 8 de xuño de 1994)
  • Libro-bomba contra o avogado Esteban Gómez Rovira (3 de outubro de 1994)