Saltar ao contido

Escala de Beaufort

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escala de Beaufort
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Códigos e identificadores
Freebase/m/0149ky Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC113635682 e C2992625829 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

A escala de Beaufort clasifica a intensidade dos ventos, tendo en conta a súa velocidade e os efectos resultantes das ventadas no mar e en terra. Foi deseñada polo meteorólogo anglo-irlandés Francis Beaufort no inicio do século XIX. Na década de 1830, a escala de Beaufort xa era amplamente utilizada pola Mariña Real Británica.

Características da escala de Beaufort

[editar | editar a fonte]
Escala Beaufort
GraoDesignación[1]m/skm/hnósAspecto do marEfectos en terra
0 Calma[2]<0,3<1<1EspelladoO fume sobe na vertical
1 Airexiña[3]0,3 a 1,51 a 51 a 3Pequenas engurras na superficie do marO fume indica a dirección do vento
2 Brisa mainiña[4]1,6 a 3,36 a 114 a 6Lixeira ondulación sen rebentarAs follas das árbores moven; os muíños comezan a traballar
3 Brisa maina[5]3,4 a 5,412 a 197 a 10Ondulación até 60 cm, con algúns carneiros[6]As follas axítanse e as bandeiras despregan ao vento
4 Brisa moderada[7]5,5 a 7,920 a 2811 a 16Ondulación até 1 m, carneiros frecuentesPoeira e pequenos papeis levantados; móvense os gallos das árbores
5 Brisa fresca[8]8 a 10,729 a 3817 a 21Ondulación até 2.5 m, con cristas e moitos carneirosMovemento de grandes gallos e árbores pequenas
6 Vento fresco[9]10,8 a 13,839 a 4922 a 27Ondas grandes até 3.5 m; salseiros[10]Móvense as pólas das árbores; dificultade en manter un paraugas aberto; asubío en fíos de postes
7 Vento forte[11]13,9 a 17,150 a 6128 a 33Mar revolto até 4.5 m con espuma e salseirosMóvense as árbores grandes; dificultade en andar contra o vento
8 Temporal[12]17,2 a 20,762 a 7434 a 40Mar revolto até 5 m con rebentamento e faixas de espuma, xerfas[13].Québranse gallos de árbores; dificultade en andar contra o vento; barcos permanecen nos portos
9 Temporal forte[14]20,8 a 24,475 a 8841 a 47Mar revolto até 7 m; visibilidade precariaDanos en árbores e pequenas construcións; imposíbel andar contra o vento
10 Temporal duro[15]24,5 a 28,489 a 10248 a 55Mar revolto até 9 m; superficie do mar brancaÁrbores arrancadas; danos estruturais en construcións
11 Temporal moi duro[16]28,5 a 32,6103 a 11756 a 63Mar revolto até 11 m; pequenos navíos soben nas vagasEstragos xeneralizados en construcións
12 Furacán[17]>32,7>118>64Mar todo de espuma, con até 14 m; visibilidade nulaEstragos graves e xeneralizados en construcións

A escala de Beaufort, así como a escala Richter para as actividades sísmicas, estabeleceu características dos ventos de acordo coa velocidade e o poder de destrución.

A nomenclatura galega da escala de Beaufort

[editar | editar a fonte]
Escala de Beaufort forza 4.
Escala de Beaufort forza 12.

A escala de Beaufort foi deseñada para asignar un grao (número) a cada rango de velocidades de vento, co fin de ter unha referencia para a comunicación e as alarmas. O nome e a descrición de cada un deses graos varían nas diferentes linguas e, inclusive, entre variantes xeográficas dunha mesma lingua.

A escala de Beaufort non se empregou en galego ata épocas moi recentes (moi probablemente non antes de 1981). Eses primeiros intentos de asentar unha nomenclatura propia tiveron unha difusión moi pequena, abafados pola extensión das denominacións castelás, empregadas pola Mariña militar e mercante, e polos servizos meteorolóxicos. Por iso, segundo as fontes que consultemos podemos atopar denominacións diferentes para os mesmos graos de vento, como se pode ver na táboa seguinte:

GraoRío Barja (1981)[18]Meteogalicia[19]Fagúndez Díaz (2008)[20]
0CalmaCalmaCalma
1VirazónVentolinaVentolina. Brisa frouxa
2FrouxiñoFrouxiñoFrouxiño
3FrouxoFrouxoFrouxo
4CalmoBonancible. ModeradoModerado
5FresquiñoFresquiñoFresquiño
6FrescoFrescoFresco
7FrescachónFrescachónFrescachón
8DuroTemporalTemporal
9Moi duroTemporal forteForte temporal. Forte borrasca
10TemporalTemporal duroTemporal duro
11BorrascaTemporal moi duroTemporal moi duro
12FuracánTemporal furacanadoTemporal furacanado.

Nos últimos anos, Termigal fixou para o galego a nomenclatura que figura na táboa que abre este artigo.

  1. Termigal. Servizo de Terminoloxía Galega. "TERGAL (versión 1.4)". Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2018.
  2. "Termo calma en TERGAL". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2018.
  3. "Termo airexiña en TERGAL". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2018.
  4. "Termo brisa mainiña en TERGAL". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2018.
  5. "Termo brisa maina en TERGAL". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2018.
  6. As ondas con escuma branca semellan un rabaño de carneiros, tamén se di que o mar está de "carneirada".
  7. "Termo brisa moderada en TERGAL". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2018.
  8. "Termo brisa fresca en TERGAL". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2018.
  9. "Termo vento fresco en TERGAL". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2018.
  10. Os salseiros, alén do caso de se produciren por bater o mar nas rochas ou contra o casco dun barco, poden producirse a partir da tona do mar con ventos fortes, formando unha néboa espesa.
  11. "Termo vento forte en TERGAL". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2018.
  12. "Termo temporal en TERGAL". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2018.
  13. O vento moi forte pode producir na tona do mar xerfas, similares ás que se forman por as ondas bateren nas rochas
  14. "Termo temporal forte en TERGAL". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2018.
  15. "Termo temporal duro en TERGAL". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2018.
  16. "Termo temporal moi duro en TERGAL". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2018. Consultado o 20 de xullo de 2018.
  17. "Termo furacán en TERGAL". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2018.
  18. Río Barja, Francisco Javier (1981). Didáctica da xeografía. Vigo: Galaxia. p. 89. ISBN 8471543974. OCLC 434525684.
  19. Meteogalicia. "Prognósticos marítimos. Manual de estilo" (PDF). Consultado o 27 de xuño de 2018.
  20. Fagúndez Díaz, Teresa et alii (2008). Dicionario galego de construción naval (1ª ed ed.). Colegio Oficial de Ingenieros Navales y Oceánicos, Delegación en Galicia. ISBN 9788493319847. OCLC 868859155. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2024. Consultado o 27 de xuño de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]